Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Axudas para os sectores do viño e a flor



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE NOVEMBRO DE 2020 · (0)



Haberá 69,1 millóns de euros para investir en toda España. No caso de Galicia aprobáronse 31 solicitudes cun diñeiro comprometido para 2021-22 duns 2.300.000 euros. 


O diñeiro destas subvencións irá para investimentos en instalacións de transformación e infraestrutura vinícola e instrumentos de comercialización de mosto viño e vinagre de viño.  Tamén repartiranse entre as comunidades 10,4 millóns de euros a favor do sector produtor de flor cortada e planta ornamental, que vive un mal momento polas medidas COVID-19.

A Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural vén de aprobar a lista definitiva de solicitudes de axudas da terceira convocatoria do Programa de Apoio ao Sector  Vitivinícola  Español (PASVE) 2019-2023. Nun 75% para a comunidade autónoma de Canarias, por ser rexión ultraperiférica; 50% para Estremadura por ser a rexión menos desenvolvida e o 40% para o resto. Autorizáronse 275 operacións cun orzamento de 43,9 millóns de euros correspondentes ao Fondo Europeo Agrario de Garantía do 2021, así como o compromiso de 14,8 millóns de euros no exercicio FEAGA 2022. 

Tamén o procedemento xeral para a designación de laboratorios de control oficial do Ministerio de Agricultura: establece o sistema para seleccionar os centros que vaian participar nas análises das mostras tomadas durante os controis oficiais e s aactividades recollidas no Plan Nacional de Control Oficial da Cadea Alimentaria. Trátase de garantir homoxeneidade nos rexistros e o traballo coordinado a nivel nacional.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)