Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia está na zona media na clasificación de ecosistemas de impacto en España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE NOVEMBRO DE 2020 · (0)



A rede Impact Hub presenta o “Índice de Ecosistemas de Impacto”. As nosas catro provincias destacan “polos excelentes resultados na calidade de vida no eixo sociocultural”. Pontevedra manifesta potencial no eixo económico empresarial e na conectividade. Está por riba da media no  posto 33, séguelle o A Coruña (37), Lugo (39) e Ourense (40).


Pero o suspenso é un feito compartido no eixo ambiental, no que os resultados provocan o esborralle das provincias galegas na clasificación xeral. A rede Impact Hub confórmana os Impact Hub de Barcelona, Donostia, Madrid, Málaga e Zaragoza e recolleu información de máis de 130 fontes de informes. Froito da monitoraxe elaborouse unha clasificación de ecosistemas de impacto para xerar e nutrir un debate necesario no noso país.

“Co Índice de Ecosistemas de Impacto 2020” queriamos entender mellor o presente dos nosos ecosistemas en España, a súa evolución e desafíos e contribuír con esta análise para que sirvar de guía para construír un futuro máis sostible con impacto positivo”, sostén Alberto Alonso, coordinador da rede ibérica de Impact Hub e responsable do Estudo.

Os ecosistemas de impacto

Un ecosistema xera fortaleza desde a  interdependencia, permite ao seu hábitat axuntar forzas en  pos do ben común, é tan rico como diverso consegue ser, constrúe  resiliencia e dótase de mecanismos de defensa cara ao exterior que á vez funcionan como coidados cara ao seu interior. Con todo, as súas fortalezas son tan  robustas como fráxiles son os seus equilibrios. Estudalos, comprendelos, protexelos e enriquecelos para que cren máis vida e de mellor calidade non é só primordial na natureza, senón tamén o é para a economía. Impact  Hub é, o maior experto en ecosistemas de emprendemento xa que desde hai anos dirixe a súa mirada para entendelos e analizar todos os elementos que o conforman: as persoas e institucións, corresponsables do desenvolvemento e evolución; a comunidade, que busca manter o equilibrio, o ben común; a contorna ou contexto; e as correlacións que se establecen entre os diferentes membros.

Clasificación provincial

Para entender a situación e o comportamento dos ecosistemas de impacto nas 50 provincias da nosa xeografía, realizáronse dous tipos de análises en relación a 133 variables. Por unha banda, elaborouse un modelo de conglomerados que estrutura os datos en 5 grupos e por outro unha análise factorial de correspondencias. Os grupos quedarían así conformados, sendo o 1 e 2 os mellor situados e os grupos 4 e 5 os peores:

–      Grupo 1: zona Nordés: País Vasco, Navarra, Lleida e Tarragona.

–      Grupo 2: as dúas grandes cidades, Madrid e Barcelona, xunto con Xirona.

–      Grupo 3: resto da zona Norte (Galicia, Cantabria, Asturias) e Aragón.

–      Grupo 4: sur (Andalucía, Canarias, Baleares, Levante, Murcia)

–      Grupo 5: centro (Castela León, Castela-A Mancha e Estremadura).

Conclusións da análise

●        O crecemento baixo o modelo económico e social actual é directamente proporcional á deterioración do medio ambiente no que se dá: Canto maior desenvolvemento económico e social, maior presión cara ao medio ambiente.

●        O emprendemento de impacto rompe esta relación tóxica, mediante unha perspectiva que integra o crecemento a través da sustentabilidade como pedra angular.

●        O emprendemento é capaz de xerar círculos virtuosos: nos ecosistemas nos que a harmonía entre os tres eixos (económico-empresarial, sociocultural e ambiental) é maior, o crecemento de novos proxectos e emprendementos de impacto dáse de maneira máis natural, o que á súa vez incide na mellora dos tres eixos a futuro e de forma equilibrada.

●        Os ecosistemas mellor valorados non son necesariamente os territorios máis grandes ou poboados. Territorios menos poboados ou sen grandes urbes puntúan de maneira moi alta e distribuída e favorecen así o emprendemento de impacto. Xunto a Madrid e Barcelona, os ecosistemas máis dinámicos son as provincias vascas, catalás e Navarra.

●        Os ecosistemas mellor conectados co exterior son os máis ricos e innovadores.

●        Os ecosistemas máis interrelacionados e con lazos internos estables son os que colaboran e cooperan máis e xeran maior resiliencia.

●        É necesario o fomento de redes, programas e proxectos que permitan conectar máis e mellor ao ecosistema, xa que os distintos ecosistemas do país puntúan  peculiarmente baixo esta característica, fundamental para o desenvolvemento e a amplificación dos ecosistemas de emprendemento.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)