Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Queda menos para o primeiro parque eólico galego de Capital Energy: Banzas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE NOVEMBRO DE 2020 · (0)



A instalación, situada nos concellos de Outes, Negreira e Mazaricos, contará cunha potencia instalada de 31 megawatts (MW) e implica o investimento de case 40 millóns de euros. A Consellería de Economía somete xa a información pública a solicitude de autorización.


Os nove aeroxeradores deste parque de Capital Energy (conta con 40 proxectos de renovables en Galicia, todos eólicos e nas catro provincias) serán capaces de fornecer a 32.000 fogares. A construción de Banzas propiciará tamén a creación de ata 80 empregos e un impacto económico anual nas arcas rexionais (canon eólico) e locais (IBI e IAE), así como a través dos contratos de arrendamento, de máis de 240.000 euros. A esta contía súmase o pago puntual do ICIO, que ascenderá a 1,35 millóns.

Esta compañía enerxética española nada en 2002 e que quere converterse no primeiro operador 100% renovable verticalmente integrado da Península Ibérica, segue dando pasos para afianzar o seu proxecto en Galicia. O proceso de crecemento tamén se está vendo reflectido no seu equipo, que pasou de 30 persoas a máis de 280 nos dous últimos anos, distribuídas ao longo de 12 oficinas en España e Portugal. Prevé pechar este ano con máis de 310 empregados e alcanzar os 450 en 2021. Ten unha oficina no municipio de Ames na que xa traballan 12 empregados, algúns deles veciños das tres localidades nas que se vai a desenvolver Banzas.

É unha compañía 100% española nada hai xa case 20 anos, que dedicouse inicialmente á promoción de enerxía eólica e fotovoltaica. Recentemente, e grazas ao lanzamento da súa comercializadora, Capital  Energy culminou o obxectivo de estar presente ao longo de toda a cadea de valor da xeración renovable: desde a promoción, construción, produción, almacenamento e operación, ata a subministración. O obxectivo é levar ao consumidor enerxía que producirá nas propias instalacións eólicas e solares en España e Portugal. O seu marcha un plan de negocio que prevé a realización duns investimentos de máis de 10.000 millóns de euros para desenvolver unha das maiores carteiras de proxectos de enerxía renovable, fundamentalmente eólicos pero tamén solares, de España e Portugal: 30 xigavatios de potencia, dos que máis de 6 xa dispoñen dos permisos de acceso e conexión concedidos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)