Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

SOS hostaleiro



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE NOVEMBRO DE 2020 · (0)



A hostalería española, marcas de restauración e a plataforma Adigital fan un manifesto conxunto pedindo “medidas coordinadas na repartición a domicilio para evitar un grave daño”. A disparidade das CCAA causa un grave prexuízo: queren homoxeneidade en horarios de repartición e ampliación ata as 00.00 h, xa que o 35% dos pedidos realízase entre as 21.00 h e as 00.00.


Estas medidas proporcionadas deben ofrecer “un marco regulatorio claro así como o mantemento dos servizos de recollida e entrega a domicilio como esenciais durante un horario máis aló do toque de queda”. A falta de homoxeneidade xera ademais unha enorme inseguridade xurídica que afecta a restaurantes, plataformas de repartición a domicilio e aos propios usuarios.

Esta situación prodúcese cando a actividade de entrega a domicilio foi designada como esencial durante o confinamento e, en cambio non se mantivo o recoñecemento na actualidade, aínda sendo unha canle de venda engadido á restauración nestes momentos complicados e a única vía de acceso da hostalería aos usuarios durante as horas do toque de queda. Por este motivo, as asociacións asinantes deste manifesto reclaman:

- Máxima claridade sobre os horarios de finalización da entrega a domicilio e ampliación do permiso de mobilidade dos profesionais de repartición ata 1 hora despois da finalización.

- Revisión das medidas que obrigan ao peche dos bares e restaurantes ante a baixa e decrecente incidencia de contaxios rexistrada na hostalería, segund cifras do Ministerio de Sanidade. Desde maio menos do 3,1%de positivos por PCR produciuse en bares e restaurantes. Unha cifra que, na última semana reduciuse ata o 0,7%.

Os asinantes lembran que o sector cumpre con todas as medidas que se viñeron esixindo para garantir a hixiene incluíndo procedementos específicos como entregas sen contacto e medidas de protección para repartidores, restaurantes e consumidores.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)