Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Iberia asume o 60% dos custos e Cámara e Concello da Coruña o 40% da ampliación das conexións aéreas Coruña-Madrid



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE NOVEMBRO DE 2020 · (0)



O incremento no número de frecuencias comeza xa mañá e leva asociado pagar a incorporación das novas tripulacións, das súas estadías na cidade galega, os custos aeroportuarios de pernoctación do avión, e gastos de desinfección e derivados da actividade.


Dende mañá a compañía volve programar o voo das 6.30 h que parte da  Coruña rumbo a Madrid luns, martes e  mércores de cada semana. Tamén mellora os horariosoperando unha nova frecuencia ás 09:25, de luns a xoves.  No sentido Madrid-A Coruña, agora Iberia opera o primeiro voo ás 07:25, de luns a xoves, e o voo das 19.40 h con chegada ás 21 h, será o que pernoite en Alvedro os domingos, luns e martes para poder voar a Madrid á primeira hora da mañá.

En total, a compañía  amplía de 14 a 20 as frecuencias semanais entre as dúas cidades o que beneficia ás viaxes corporativas entre amba capitais e mellora por lóxica a conectividade con toda a rede internacional de Iberia que terá 75 destinos en decembro.

O Presidente da Cámara da Coruña, Antonio Couceiro; o Director de Vendas de Iberia  España, Víctor Moneo, e o Presidente do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, Juan Ignacio Borrego, asinaron está mañá de xeito oficial protocolo para o convenio anunciado do plan. Baséase nun ensaio pilotopioneiro en España que, durante polo menos tres meses, suporá un aumento dun 50% no número de ligazóns con Madrid.

A Cámara fai a súa chega dos seus fondos propios nun momento temporal no que se perdeu (polo momento) a ligazón con Londres, situándose Madrid non só como o máis importante punto de destino das empresas, senón que  tamén como HUB de conectividade nacional e internacional. Esta  situación de desconexión agudízase no caso da Coruña o ser a cidade con maior excentricidade de España, tanto desde o punto de vista xeográfico como de infraestruturas, por distancias e sen Tren de Alta Velocidade. A ampliación de voos supón, ademais, unha oportunidade para que Alvedro comece a recuperar actividade e a exitosa senda de crecemento que venía experimentando antes da crise. Tanto para a Cámara como para o Concello, o aeroporto é unha infraestrutura imprescindible para a operatividade das empresas e para fomentar o turismo, eixos prioritarios no desenvolvemento da cidade e a súa área.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)