Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Todos os hostaleiros galegos na loita polo seu futuro



REDACCIÓN · PUBLICADO O 17 DE NOVEMBRO DE 2020 · (0)



“Chegamos á conclusión que canta menos hostalaría, máis contaxios no ámbito social privado”. 2000 persoas e 150 vehículos reuníronse esta mañá en Santiago na manifestación convocada de maneira conxunta polas asociacións de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Lugo, Ourense e Ferrol e comarcas.


Lembran que as restricións aplicadas son “desproporcionadas” tendo en conta o dato de incidencia acumulada do virus a 14 días e esixen un Plan de Rescate que xa presentaron hai semanas á administración central e á Xunta. “Somos firmes defensores de que a saúde e a vida teñen a máxima prioridade. A economía é tamén condición necesaria para garantir a vida, polo que urxe tomar decisións nesta materia”.

“Exiximos unha solución global que nos permita traballar, cuns criterios claros, e buscar unha solución para aquelas persoas e negocios que desde o criterio sanitario non teñan condicións de poder desenvolver a súa actividade cun grao de normalidade aceptable”. O sector reclama tamén unha mellora nas axudas presentadas polo Goberno galego, que ven claramente “insuficientes” e das que, por agora, só falaron nas reunións técnicas que mantivo a mesa de diálogo entre Xunta e hostalaría.  

Os hostaleiros lamentaron que se lles siga criminalizando intentando presentalos como os principais responsables da pandemia cando, segundo datos do Ministerio de Sanidade, o 14.6 % dos total de casos activos prodúcese nas reunións privadas (comidas familiares, festas en pisos...) onde non hai ningún tipo de medidas de seguridade. “Chegamos á conclusión que canta menos hostalaría, máis contaxios no ámbito social privado”. Para os representantes do sector galego as restricións aplicadas son “desproporcionadas” xa que, tendo en conta o dato de Incidencia Acumulada do virus a 14 días, Galicia é a cuarta comunidade que menos casos ten; e a 7 días, é a terceira comunidade con menor incidencia. Ademais, a hostalaría cumpre escrupulosamente as normas de seguridade que ditan as autoridades sanitarias, e demóstrao a práctica nulidade de sancións que existen.

A marcha partiu ás 11:00 horas do Pazo de Congresos para percorrer a pé o último tramo do Camiño Francés e chegou ás 12:30 horas á Praza do Obradoiro onde os actores Federico Pérez e Patricia Vazquez e a xornalista Belén Regueiro leron un manifesto. 

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)