Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Deseñando o futuro madereiro de aquí a 20 anos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 17 DE NOVEMBRO DE 2020 · (0)



Na Asemblea Anual do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, o seu presidente, José Manuel Iglesias, transmitiu unha mensaxe de ánimo aos empresarios do sector lembrando que “é momento de dar un paso á fronte e de facer entender á sociedade que sen empresarios non hai futuro polo que máis ca nunca é vital que se perciba a importancia do noso rol".


A asemblea desta mañá foi online o que non quitou que houbera unha participación masiva dos asociados para compartir experiencias e retos conxuntos. En liñas xerais, as empresas asociadas fixeron unha lectura optimista da situación, polo menos, ata o primeiro semestre do 2021, aínda que o común denominador é a incerteza cara á segunda metade do ano que vén. 

Neste contexto a entidade presentou un novo Plan Estratéxico para os próximos catro  annos, MADE, que marca as liñas de acción do CMD. Contempla accións encamiñadas a mellorar a competitividade das empresas asociadas e dosector da madeira galego. Nos vindeiros 4 anos porase o foco na relación directa cos prescritores, o deseño, a construción, a formación e divulgación dos valores da madeira,  internacionalización e alianzas con outros sectores. De feito o deseño debe ser a etiqueta que diferencie ás empresas do CMD para poñer en marcha estratexias empresariais de diferenciación, sostibles no tempo e con valor engadido.

Tamén estase coordinando un grupo de traballo no que participan as principais asociacións do sector para un Plan Estratéxico conxunto. Debe identificar as tendencias internacionais da demanda e fixar o camiño a percorrer desde a situación actual ata a  situación óptima que se desexa nos vindeiros 20 anos. Búscase conectar as capacidades do recurso forestal e do tecido produtivo e transformador, coas oportunidades do mercado.  Ademais, será unha ferramenta de traballo executiva.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)