Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Cámara da Coruña avanza na implantación do Club Cámara Noroeste



REDACCIÓN · PUBLICADO O 18 DE NOVEMBRO DE 2020 · (0)



O proxecto chega para substituir ao Club Financeiro Atlántico. Os membros do seu Comité Executivo foron informados esta mañá sobre os últimos pasos dados: o rexistro da marca, enominación social e a petición de autorización á Xunta. O edificio de Casa da Auga albergará a sede.


O Club Financeiro Atlántico, que foi referente na cidade e que a Cámara tentara rescatar, pechou o pasado marzo cunha débeda de 300.000 euros. A posta en marcha deste novo club será financiado ao 100 % co capital cameral que ten como socios ás principais empresas da área da Coruña. Cámara e CEC reuniranse nos próximos días para profundar neste proxecto pensado para que en 2021 vexa a luz.

O deseño suma instalacións duns 1.500 metros cadrados con zona social exclusiva para socios, salón de actos, salóns privados, business center e despachos. Ademais de cafetería e restauración, os socios contarían con acces en condicións especiais aos espazos  termolúdicos de Termaria e a servizos internos, ximnasio e barbería. Terá convenio cos clubs das principais cámaras españolas (Madrid, Sevilla, Valencia, Zaragoza...) e os membros poderán gozar dos servizos destas cando se despracen.

A Cámara coruñesa tamén informou esta mañá ao presidente da CEC, Antonio Fontenla, dos avances, e este trasladou a súa satisfacción cun proxecto ao que considera “sólido, rigoroso e solvente e que cubrirá o baleiro deixado polo Club Financeiro Atlántico” respectando os espazos reservados aos organismos empresariais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)