Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A recollida do berberecho quere ser Patrimonio Inmaterial da Unesco



REDACCIÓN · PUBLICADO O 18 DE NOVEMBRO DE 2020 · (0)



Esta é época por excelencia do seu marisqueo, de setembro a marzo, dunha tradición que quere chegar a ter ese recoñecemento, e así o fixeron os concellos de Muros-Noia tras un proxecto aprobado que terá ata 2021 para materializarse. A actividade dá traballo a máis de 2.000 persoas.


Esixe de altos requisitos para poder levala á práctica (licenza de pesca PERMEX cunha alta puntuación para asegurar que son expertos na extracción). Isto permite organizar e controlar a pesca na ría onde se elabora un plan de xestión con participantes, horarios, topes de captura, traballos de coidado e control dos bancos

O  marisqueo está moi regulado para poder controlar os índices ambientais e sanitarios e asegurar a calidade do marisco extraído. Faise utilizando métodos tradicionais tanto desde embarcación na modalidade de marisqueo á boia como a pé desde a modalidade de marisqueo a pé. Da modalidade elixida dependerá que os mariscadores teñan que seguir unha serie de normas ante a extracción. A captura de berberechos (e tamén ameixas) vén marcada por unhas normas básicas que todos os mariscadores deben cumprir nas zonas da ría autorizadas, delimitadas por boias.

Na ría de Muros-Noia, é a Confraría de Pescadores de Noia a que xestiona en réxime de autorización administrativa os bancos. Nesta destaca:

Horarios: De 9 a 11 h para marisqueo á boia e de 7:15 a 10:15 para a modalidade a pé.

Tope de captura: 20 kg de berberecho e 3 de ameixa para o marisqueo á boia, e 13kg de berberecho e 3 de ameixa para o marisqueo a pé. Unha vez realizada a captura, os puntos de venda son as lonxas de  Testal e Freixo, ás que os mariscadores deben levar directamente o marisco, sen desprazarse a ningún outro lugar. Os mariscos véndense en poxa pública "á baixa” e, nas lonxas hai clasificadoras que permiten unha perfecta clasificación por tamaños, descartando os de tamaño ilegal que se devolven ao mar. O berberecho clasifícase en 4 calibres: 1ª, 2ª, 3ª e 4ª que alcanza distintos prezos, sendo 28 mm o tamaño mínimo de comercialización do berberecho.

Un produto gourmet

O berberecho (Cerastoderma  Edule), é un bivalvo que alcanza tamaño comercial no seu primeiro ano de vida, no segundo e terceiro alcanza tamaños de categoría especial na Ría de Noia. Esta zona ofrece unhas condicións naturais excepcionais e ricas en nutrientes que fan que o berberecho sexa de calidade cun baixo contido en graxa, polo que se trata dun alimento con escasa achega calórica. Ademais o colesterol que contén é baixa, o seu nivel de proteínas de alto valor biolóxico é medio-alto, do mesmo xeito que en ácidos graxos Omega-3, e é rico en ferro (consumo especialmente indicado no caso de anemia  ferropénica).

A conserveira Frinsa explica que “tras a selección dos mellores exemplares nas lonxas, aplícanse os procesos de depuración para eliminar a area e colócanse en cada lata de forma manual, un a un, para engadirlles auga e sal. Despois, procédese á súa esterilización, o que finaliza a elaboración da conserva”. Os berberechos en conserva preséntanse como xigantes (15-20), grandes (20-25) e medianos (20-30). Así se comercializa ao natural. En canto á conservación, uso e maridaxe, non necesitan frí, pero é recomendable mantelos nun lugar fresco. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)