Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Monbus incorpora a Juan Antonio Montoya á Dirección Xeral



REDACCIÓN · PUBLICADO O 18 DE NOVEMBRO DE 2020 · (0)



Pasou 13 anos na Presidencia de Autobuses La Montañesa e foi máis de 15 anos director xeral Corporativo do Grupo Interbus, polo que leva vencellado a  este sector toda a súa vida profesional.


Licenciouse en Dereito pola Universidade de Navarra, e completou formación cun Máster en Asesoría Xurídica de Empresas e o Curso Superior de Dirección de Empresas de Transporte Terrestre polo Instituto de Empresa en Madrid, ademais do Programa de Alta Dirección de Empresas pola IESE Business School.

En canto a compañía é un dos operadores máis importantes detransporte de pasaxeiros a nivel nacional con presenza en Galicia, Andalucía, Cataluña, Madrid, Galicia, Comunidade Valenciana, Castela e León, A Mancha e Estremadura.

O pasado setemebro a mesa de contratación da Consellería de Infraestruturas fixo pública a adxudicación dos contratos das liñas de autobuses que enlazan A Coruña con Vigo e coa Mariña e a capital lucense para a súa explotación durante dez anos. No primeiro caso o gañador do contrato foi precisamente unha alianza entre os grupos Monbus e Alsa. A liña do Eixo Atlántico, que ata o momento é cuberta por Monbus, non só une A Coruña con Vigo, senón que tamén ten conexións con Lugo, Lalín e Fisterra. Monbus concorreu ao concurso coas súas filiais Castromil, Empresa Monforte, Gómez de castro, Transportes A Unión, Eleuterio López, Rías Altas, Autos Arcade, Auto Industrial, A Hispano Igualadina e Vigo-Barcelona. Esta adxudicación consolida a hexemonía do tres grupos de transporte de viaxeiros na área metropolitana da Coruña, xa que este verán Monbus e Alsa gañaron o concurso para as liñas de buses da zona este de a comarca, mentres que Arriva adxudicouse o de zona oeste.

A unión temporal de empresas de Alsa e Monbus utilizou a cinco compañías do primeiro grupo e a tres do segundo para optar á concesión dos roteiros do leste, que discorren polos municipios de Oleiros, Cambre, Culleredo e Sada e transportan a un elevado número de viaxeiros, xa que é a zona máis poboada da área metropolitana coruñesa.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)