Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Abanca Seguros pode empezar a operar no mercado español



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE NOVEMBRO DE 2020 · (0)



Informou hoxe que ten a autorización administrativa da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións para exercer. Participada ao 50% por Abanca e Crédit Agricole Assurances e con 41 profesionais no equipo teñen previsto lanzar no primeiro trimestre de 2021 os primeiros seguros.


Os 41 profesionais de varias nacionalidades suman experiencia no sector asegurador e coñecemento do negocio. As oficinas corporativas da compañía están situadas na Coruña e a nova aseguradora desenvolverá un modelo apoiado na tecnoloxía. A oferta cubrirá os principais ramos de aseguramento, con produtos sinxelos e coberturas que, afirman,  "xeralmente non se atopan no mercado”.

O seguros comercializaranse a través da rede comercial de Abanca e poderán contratarse tamén desde a web e banca móbil. A oferta ampliarase gradualmente con produtos que, a medio prazo, tamén estarán dispoñibles no mercado aberto. Outro dos sinais de identidade será o acompañamento integral ao asegurado en caso de sinistro para axilizar a xestión de reparacións e indemnizacións.

A entrada no mercado de Abanca Seguros Generales é froito do acordo asinado en xullo de 2019 entre Abanca e Crédit Agricole Assurances para operar de forma conxunta durante tres décadas no negocio de seguros. Abanca ten previsto continuar a súa evolución en 2021 coa dixitalización de Abanca Vida y Pensiones. “O negocio asegurador é unha actividade prioritaria para Abanca pola súa complementariedade coa oferta financeira e polo seu importante papel na estratexia de diversificación de fontes de ingresos da entidade”, di o banco nun comunicado.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)