Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Jesús Vázquez Almuiña, novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE NOVEMBRO DE 2020 · (0)



O Consello da Xunta nomearáo mañá. Quen foi conselleiro de Sanidade dende 2015 ata o pasado setembro terá que pelear agora pola continuidade do estaleiro Vulcano e as concesións portuarias. Enrique López Veiga deixa o posto tras ter enfrontamentos coa Federación de Usuarios do Porto.


O nomeamento de Almuiña ten que ser ratificado pola presidencia de Portos do Estado pero espérase que non haxa problemacoa proposta do executivo galego. Despois ten que ser publicado polo Boletín Oficial do Estado.  A CEP vén de felicitalo ofrecendo colaboración "en todo o que beneficie á boa marcha do Porto” nos aspectos que afecten ao tecido empresarial. E agradecendo e recoñecendo o labor desenvolvido polo presidente saínte, López Veiga.

Almuiña, de 58 anos é médico de profesión, empezou no hospital Povisa de Vigo no 2001 e logo pasou ao Meixoeiro onde foi nomeado xerente no 2001. No ano 2003 foi designado director do Sergas na provincia de Pontevedra ao seguinte chegou á alcaldía de Baiona grazas a unha moción de censura se ben en 2007 revalidou a vitoria electoral ata que perdeu o bastón de mando.

En 2015 chegou á Conselleria de Sanidade na que tivo que batallar coa Covid19 ata hai dous meses. Valórase del, segundo a Xunta o seu “moi bo talante, gran experiencia e capacidade de xestión” .



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)