Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Tecnoloxía ourensá para rastrexo da covid-19



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE NOVEMBRO DE 2020 · (0)



A Deputación adquirirá a plataforma informática ScanForSafe, que favorece o rastrexo de posibles casos covid-19 e permite o rexistro de entrada automático en establecementos públicos e privados.


O informático e empresario ourensán Xurxo Méndez, acompañado do presidente da Asociación Empresarial de profesionais Autónomos de Ourense, David Martínez, presentoulle hoxe a súa iniciativa ao presidente da Deputación de Ourense. A plataforma informática ScanForSafe, que favorece o rastrexo de posibles casos covid-19 e permite o rexistro de entrada automático en establecementos públicos e privados. 

A Deputación “adquirirá esta ferramenta informática para os centros dependentes da institución, como experiencia piloto, para posteriormente, comprobada a eficacia, asinar un acordo coa Asociación de Autónomos de Ourense e axudar a que os establecementos da provincia podan instalala, e destaca que desde o inicio da pandemia “a Deputación de Ourense está a colaborar e implementar medidas e procedementos para facer fronte á pandemia do coronavirus, e as tecnoloxías aplicadas a este ámbito forman parte tamén da estratexia do goberno provincial para cooperar sanitaria, social e economicamente nesta cuestión”, indicou  Baltar.  

O funcionamento desta tecnoloxía consiste en que a persoa meta os seus datos co móbil a través do escaneo dun código QR e automaticamente queda rexistrada a súa entrada no establecemento. Desta maneira, un panel de seguimento web facilita aos rastreadores a posterior localización das persoas que puidesen estar en contacto nun determinado establecemento e tempo, cunha localización instantánea, permitindo facilitar así o seguimento e a localización en caso dun posible contaxio de COVID-19.  

O sistema dispón dunha aplicación móbil que axiliza o proceso, de maneira que o usuario só ten que rexistrar os seus datos unha soa vez e posteriormente pasar o seu móbil polo código QR de cada establecemento. Á súa vez, o proceso evita que o usuario teña que tocar calquera elemento común para o seu rexistro. Todo iso coa correspondente aplicación da LOPD para a protección de datos dos usuarios. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)