Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Transparencia, eficacia e rapidez, claves para a comunicación en tempos de crise



REDACCIÓN · PUBLICADO O 20 DE NOVEMBRO DE 2020 · (0)



Expourense e Clúster da Comunicación de Galicia celebraron esta mañá un Foro da Comunicación de Galicia para analizar cómo a Covid-19 ten influido na comunicación corporativa. A orweliana “nova normalidade” trouxo consigo cambios nas estratexias informativas de empresas e institucións que tiveron que adaptar os seus plans.


Este Foro incluíu unha mesa redonda que abordou conceptos como a “infodemia", termo que non estiveron de acordó os relatores xa que segundo afirman os medios, o lector demanda nestes meses información sanitaria.

Participaron 6 expertos en comunicación e marketing que cubrían toda a cadea da comunicación corporativa: marketing, comunicación, xestión de medios, gabinete e medios de comunicación. A actividade, en formato híbrido como xa semella norma, congregou a máis de 200 asistentes que se conectaron dende distintas partes de España xunto aos que estaban en Expourense.

Foi a directora de marketing Dixital da Consultora Torres y Carrera, Laura Vázquez, quen deu as claves para seguir informando nesta época: “transparencia, eficacia, rapidez, responsabilidade, empatía e sentido común”.  O presidente do Clúster da Comunicación de Galicia e da Asociación Galega de Marketing - Markea, Xosé Luis Reza, fixo referencia a que as empresas deben ser “boas persoas xurídicas” á hora de comunicar mensaxes e incidiu na necesidade de adaptarse aos sistemas de valores das novas xeracións. Tamén fixo un repaso por marcas galegas que adaptaron con éxito o seu plan de marketing á situación de crise reorientando os seus produtos cara novas necesidades e demandas.

A directora de Marketing e Comunicación Dixital da Consultora Torres y Carrera, Laura Vázquez fixo referencia a que a crise supuxo tamén a oportunidade de cambiar e actualizar o xeito de facer comunicación corporativa que se seguía facendo ao igual que nos anos 60. O subdirector de La Región, Fernando González Macías, reivindicou o papel do xornalista mentres Myriam Sierra e Carlos Bermello, responsables do Servizo de Comunicación da Área Sanitaria do Complexo Hospitalario de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, contaron cál foi a súa relación cos medios de comunicación. A labor realizada por este gabinete trascendeu dos medios locais e convertéronse nunha referencia galega porque con dispoñibilidade fixeron un labor de produción de contidos a disposición deles.

Representando ás empresas participou o director de Desenvolvemento Estratéxico en Avante Evolumedia, Álvaro Brandau, que falou sobre cómo as empresas tiveron que cambiar as súas campañas para poder empatizar con clientes, “en realidade nada cambiou porque todo cambiara xa coa transformación dixital “pero a crise sí fixo que esa transformación se acelerase dun xeito vertixinoso. O último dos relatores desta mesa de debate foi o representante da demarcación de Ourense do Colexio de Xornalistas de Galicia, Javier Fraiz, que fixo referencia ás dificultades que atravesan aos medios locais para poder ofrecer información veraz.  

Está previsto que o vindeiro febreiro se celebre unha nova edición do Foro da Comunicación de Galicia, xa de carácter presencial, na mesma xornada que a Gala de entrega dos Premios Paraugas do Marketing e da Comunicación de Galicia.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)