Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A CEP escoita as propostas dos candidatos á presidencia da CEG



REDACCIÓN · PUBLICADO O 20 DE NOVEMBRO DE 2020 · (0)



Pedro Rey Beira e José Manuel Díaz Barreiros presentaron onte á tarde a súa proposta para liderar aos empresarios galegos. A preguntas dos asistentes presenciais e por vía telemática manifestáronse a favor da reforma dos estatutos da CEG. A Confederación cando houbo un chamado a tentar alcanzar un consenso.


Ambos aceptaron a invitación do Presidente da CEP, Jorge Cebreiros, a dar a coñecer o seu programa e a súa estratexia. O primeiro en comparecer foi Díaz Barreiros, ao fío das 17:00, e Rey Beira interveu a continuación.  Ambos consumiron algo máis da hora inicial pactada para presentar as súas propostas.

Falaron ante os vogais do Comité Directivo da Confederación de Empresarios de Pontevedra e os vogais na Asemblea Xeral da CEG por esa provincia. Na mesma reunión tamén se deu liberdade de voto aos seus vogais, sendo, ata o momento a única provincia que o fixo público.

Desde o punto de vista da Confederación de Empresarios de Pontevedra quen presida a CEG para partir do próximo 25 de novembro debe ter claro que o seu propósito é defender os intereses dos empresarios de toda Galicia, e calquera proxecto que beneficie a todo o territorio. Cebreiros expuxo que desde a confederación galega aínda non chegou un respaldo firme e inequívoco a favor do Corredor Atlántico e o seu trazado, tal e como está aprobado no Consello de Europa. A CEP espera que esta sexa unha das primeiras declaracións do futuro presidente da CEG.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)