Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Ribeira Sacra, no primeiro número de 2021 da Condé Nast Traveler



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE DECEMBRO DE 2020 · (0)



A prestixiosa revista de viaxes dedícalle unha extensa reportaxe con espectaculares fotografías de Cecilia Álvarez-Hevia Arias, un percorrido dando voz aos habitantes nos roteiros do Miño e o Sil, visitando meandros, vides e a produción de queixo e viño da man da mestra queixeira Clara Díez. “Quedei absolutamente anonadada da riqueza do lugar, isto debería ser un orgullo".


Clara percorreu o mundo pero foi na Ribeira onde atopou o Santo Grial da conexión coa terra. Na reportaxe fala do arraigamento á terra, un modo de vida que fai posible unhas producións inimitables. “En Ribeira Sacra atópanse proxectos que tratan de revalorizar os seus territorios tirando de fórmulas culturalmente vinculadas a Galicia e a procesos tradicionais; a zona é moi vasta, hai prácticas aquí que non se dan no resto da península".  

A beleza da contorna albíscase en moitos dos seus recunchos, como en Cabo do Mundo, unha casa rural situada na aldea de Soto, en Nogueira de Santa María, que está literalmente colgada sobre o río. Tamén aparecen Mayte Pérez, xunto ao seu marido Luís Fernando Martín, e un socio e amigo, Borja Fernández, quen rehabilitou este aloxamento de cinco habitacións nunha antiga casa con cuadras. “É sentarche a ver as vistas e pensar este é o lugar... Na habitación Mencía ducharasche vendo o Miñou;  Merenzao ten unha terraciña con vistas; e en Treixadura a cama está sobre a pedra da montaña, que se conservou tal cal de cando era un cortello”, comenta Mayte.

As embarcacións de Luisa, orixinaria da Ribeira, percorren todos eses lugares. Os seus roteiros transcorren polos meandros ou a fervenza de  Augacaída. “A Ribeira Sacra sempre se viu, entre os que nos criamos aquí, como un lugar de suor, é unha cultura de traballo, non de lecer. Entón, non veía esa beleza da paisaxe e do río... Fun a Londres a estudar fotografía e turismo e decidín regresar”, conta. Luisa, ademais, encárgase de elaborar viño, un dos produtos estrela da Ribiera co cal os seus habitantes dinamizan a rexión. “Aquí todos  todos temos a nosa parceliña de ribeira. É como crear un ecosistema na zona, iso é turismo sostible”. Un dos viños máis famosos é Adegas Moure, de herdanza familiar. .

En Airas Moniz, outra parada do roteiro, saliéntase no valor dun produto de calidade proveniente dunha boa materia prima. “Eles revalorizan o produto ao ligalo á Ribeira Sacra; quen vive aquí senten como un orgullo darlle esa importancia”. Precisamente nesta zona prodúcese o mellor queixo azul de España, Savel, elaborado con leite cru local. “Se aposta por ter menos animais”, conta Clara, que destaca a harmonía da xente coa terra. “O tempo aquí corre a outra velocidade".

Condé Nast Traveler destaca como esta maneira de produción sostible é o presente e o principal valor futuro desta Ribeira Sacra, terra que atrae a todo o que a pisa, mesmo aos que a deixaron atrás. “Algúns dos que se marcharon volveron. Déronse conta de que o futuro estaba aquí, na terra e no río”. A revista recomenda varios establecementos:

-        Aloxamento: Apartamentos Cabo do Mundo e Casa Vistaboa.

-        Restaurantes: Faragulla e Restaurante Miguel González.

-        Viños e Queixos: Leira Míllara, Adegas Moure, Adegas Vía Romana, A Ermida, e Airas  Moniz Outeiro, Lugo.

-        Roteiros: Roteiros Quinta Sacra e “Máis que Románico”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)