Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As casas rurais galegas estarán ao 34% de ocupación en Noitevella



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE DECEMBRO DE 2020 · (0)



O dato rexistrado na comunidade autónoma é 17 puntos inferior ao acadado en 2019, cando a porcentaxe chegou ao 51% nestas datas. A nivel nacional, Galicia entra dentro do top ten de comunidades autónomas que máis viaxeiros recibirá en Noitevella. Por provincias, Pontevedra e Ourense son as máis solicitadas, ambas con taxas de ocupación que roldan o 40%.


Fin de ano é unha data clave para o turismo rural, aínda que esta vez a emerxencia sanitaria está afectando ás reservas nalgunhas comunidades autónomas. No caso de Galicia, o 34% das casas rurais xa están ocupadas para festexar o último día de 2020. A Comunidade de Madrid colócase esta Noitevella en primeiro lugar cun 85% de ocupación rexistrada. Aínda que o calendario este ano permite gozar de tres días de descanso, a crise sanitaria e a incerteza que xera están afectando ás reservas nestas datas de Nadal.

A preferencia polo turismo rural para despedir 2020 é notable, aínda que en comparación con 2019 a cifra rexistrada en Noitevella descende máis de 20 puntos, situándose nun 43% de media en España, segundo EscapadaRural.com. A porcentaxe foi extraída de máis de 9.000 calendarios actualizados de casas rurais rexistradas na plataforma web.

O interese polo turismo rural medrou nun ano no que as restricións de mobilidade aplicadas en cada comunidade autónoma fomentaron a práctica de turismo de proximidade e o descubrimento do propio territorio. Para moitos viaxeiros o turismo rural segue sendo a opción máis segura, xa que se pode gozar co grupo de convivencia, nun lugar illado e sen mesturarse con outros viaxeiros.

A Comunidade de Madrid segue rexistrando as cifras máis altas deste ano en canto a ocupación en turismo rural. Tras pechar a ponte de decembro cunha ocupación do 82%, as previsións para Noitevella colocana en primeiro lugar. A poucos días de pechar o ano as reservas aumentan a diario en Madrid, pero se manteñen no resto de comunidades autónomas. Cun 85% de casas ocupadas, Madrid desbanca a Cataluña do primeiro posto, que ostentou en 2019, e a relega ao segundo lugar, nove puntos por detrás (76%). En terceiro lugar sitúase a Comunidade Valenciana cun 70% das súas casas ocupadas para estas datas. Séguelle Murcia (65%) e o País Vasco (47%). Navarra (45%), Andalucía (44%), Aragón (40%) e Galicia (34%), completan o top ten. Na parte baixa da táboa ubícanse Asturias (27%), Castela e León (23%) e Cantabria (20%). A posición que ocupan estas comunidades autónomas difire pouco da do ano pasado, aínda que as cifras rexistradas son notablemente máis baixas.

Ao analizar os datos por provincias, Madrid (85%), Barcelona (85%) e Zaragoza (81%) son as favoritas para pasar a última noite do ano nunha casa rural. Séguenlles moi de preto Castellón (76%), Xirona (75%) e Lleida (74%). Cantabria (20%), Ávila (17%) e Soria (16%) perfílanse como as provincias menos solicitadas para o último día de 2020. Respecto ás provincias galegas, Pontevedra e Ourense son as máis solicitadas cunha ocupación do 41% e o 38%, respectivamente.

Un 2020 agridoce

O sector turístico viuse moi afectado pola crise sanitaria da covid-19. No caso do turismo rural a ocupación fluctuou dependendo das restricións de mobilidade decretadas polo Goberno e polas distintas comunidades autónomas. A chegada do coronavirus freou o turismo rural de marzo a xuño, pero o impulsou en verán, tras levantarse o estado de alarma. Madrid foi a comunidade máis destacada en canto a ocupación. Superou previsións en verán e rexistrou cifras récord na ponte de decembro.

Dende que rematou o confinamento domiciliario, os viaxeiros se decantaron polas zonas rurais para coller aire e afastarse das cidades. O verán, cun 55% de ocupación, situou o turismo rural como a opción máis segura para gozar das vacacións en familia, sen mesturarse con outros grupos e afastados das masificacións. O perfil do viaxeiro rural variou este ano debido á situación sanitaria. A tendencia xeral, sobre todo a causa das restricións de mobilidade, foi decantarse por destinos de proximidade. A antelación na reserva diminuiu ata unha ou dúas semanas e as medidas sanitarias situáronse no ranking dos aspectos máis importantes para o viaxeiro rural.

En canto a novas tendencias, as estancias de longa duración para teletraballar en casas rurais foi unha das demandas máis efectuadas. Ademais, medrou notablemente o interese por irse a vivir a un pobo. Segundo datos do último Observatorio do Turismo Rural, unha iniciativa liderada por EscapadaRural.com en colaboración con CETT-UB, Netquest e Vivential Value, seis de cada dez urbanitas iríanse vivir a un municipio de menos de 5.000 habitantes.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)