Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Gadisa alcanza 196 Claudio franquiados con 16 aperturas en 2020



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE DECEMBRO DE 2020 · (0)



A compañía galega termina este exercicio  coa inauguración dun Claudio Express nunha estación de servizo en Begonte (Lugo). A contribución a fixar poboación nestas contornas son aspectos a destacar, achegan máis de 800 empregos directos.


Ubicado na  estrada LU-541, km. 9,5 en  Fontefría (Begonte, Lugo), abre os 365 días do ano, de 6 a 23 horas cunha variedade adaptada ás necesidades dos clientes neste tipo de tendas. A sala de vendas conta con 70  m2 e, no exterior, un amplo aparcadoiro. Creáronse 4 postos de traballo. O coñecemento do mercado, o asesoramento técnico e comercial do equipo de profesionais con longa experiencia e a eficacia do sistema loxístico de Gadisa son algunhas das claves polas que cada vez máis emprendedores optan por incorporarse á esta compañía.

“A liña de negocio de franquías da compañía líder do Noroeste Peninsular experimentado un forte empuxe”, aseguran dende a empresa. “Un ano no que se evidenciou a importancia de prestar un servizo esencial como é o da alimentación en zonas rurais e  semiurbanas” onde están implantados principalmente estes puntos de venda. As 16 aperturas do 2020 tiveron lugar: na Coruña (A Baña, Camariñas, Cerceda, Dodro, Rianxo e Teo); Pontevedra (Vigo, Rodeiro e Poio); Ourense (O Carballiño, Manzaneda e A Merca), Lugo (Begonte, Sarria e Paradela) e Salamanca.

Os establecementos franquiados operan baixo as marcas Claudio e Claudio Express. Estes últimos maioritariamente en estacións de servizo. Son tendas funcionais e que aglutinan nun mesmo espazo unha selección de produtos de alimentación, droguería e hixiene. Os Claudio teñen moi boa relación calidade–prezo, son de tamaño medio e están situados fundamentalmente en pequenos e medianos núcleos de poboación.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)