Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Medio millón de euros para pemes ourensás: axudas da Deputación na crise da covid-19



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE DECEMBRO DE 2020 · (0)



O presidente da Deputación de Ourense informou hoxe que o goberno provincial tramitou no que vai de ano un total de 691 subvencións para pemes da provincia de Ourense, desde que se puxera en marcha en plena primeira ola do COVID-19 esta liña de axudas de apoio fronte ás consecuencias económicas provocadas pola pandemia. 


Para elo, a Deputación destinou un total de 519.000 euros, e dos 691 expedientes foron tramitados na súa totalidade 683, quedando aínda pendentes de completar outros 8. Baltar destaca que o goberno provincial aprobou desde a posta en marcha desta liña de apoio a pemes “preto de 700 expedientes cunha subvención para cada un deles de 760 euros, unha medida  que reflicte o apoio da Deputación á reactivación económica da nosa provincia na crise do COVID-19”.

Isto supón “unha importante medida dentro da estratexia de cooperación que vén impulsando desde o minuto un desta crise a Deputación de Ourense”, afirma Manuel Baltar, quen destaca que o goberno provincial uniuse á sociedade ourensá para colaborar e axudar a minimizar as consecuencias sanitarias, sociais e económicas do COVID-19”.   

“É a primeira vez que a Deputación de Ourense pon en marcha axudas directas e específicas de emerxencia económica”, indica Baltar, “sendo un dos gobernos provinciais pioneiros en España en desenvolver unha liña de subvencións para pemes, ás que se lle sumen outras a autónomos e comerciantes, “sectores prioritarios para o goberno provincial na estratexia de apoio á reactivación económica que levamos paralelamente en diversos ámbitos da actividade económica como son o: empresarial, social, do transporte, deportivo, cultural e turístico. Todo elo coa mínima burocracia para axilizar trámites”. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)