Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 63% dos españois cre que o teletraballo seguirá tras a pandemia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE DECEMBRO DE 2020 · (0)



Os españois son de os traballadores do mundo que máis confían na continuidade do traballo a distancia unha vez que se venza ao virus. Neste país, canto maior é a idade do profesional, máis confía nun modelo no que o teletraballo sexa dominante. Só o 65,2% dos españois considera que a súa empresa lle apoiou animicamente durante a pandemia.


A empresa de recursos humanos Randstad vén de elaborar un informe sobre as perspectivas e previsións que sobre o mercado laboral teñen os traballadores nesta situación marcada pola pandemia, no que destaca que o 62,5% dos traballadores españois espera que, de un e outro modo, o teletraballo se impoña e continúe sendo unha ferramenta habitual de traballo unha vez termine a pandemia. En concreto, o 36,3% dos entrevistados cre que o modelo será no futuro unha combinación de traballo presencial e teletraballo, o 19,2% considera que só existirá o teletraballo, mentres que o 7% espera que o traballo en remoto só será opcional. Pola súa banda, o 12,8% dos profesionais españois considera que volveremos a un modelo caracterizado exclusivamente polo traballo presencial. O 24,8% restante aposta por un escenario laboral no que primará a flexibilidade en canto a horarios de traballo.

A aposta polo teletraballo neste país é claramente superior comparada con outros da nosa contorna. A porcentaxe de traballadores que aposta por este modelo é en España 2,9 puntos porcentuais superior ao conxunto de países europeos (59,6%) e catro décimas por riba da media global (62,1%). Tamén é inferior en Alemaña (55,7%), Francia (58,4%), ou Italia (59,2%), e Portugal é o único que nos supera (69%).

En España, canto maior é a idade do profesional, máis confía nun modelo no que o teletraballo é dominante. Desa opinión é o 65% dos traballadores maiores de 45 anos, mentres que no segmento de entre os 25 e os 55 pensa así o 54,5% dos entrevistados. Os menores de 25 anos son os que menos confían nun futuro caracterizado polo teletraballo, xa que así pensa tan só o 47%.

Responsabilidade das empresas

O informe de Randstad tamén estudou a relación dos traballadores durante estes meses de pandemia. O 65,2% dos traballadores españois considera que a súa empresa lles apoiou animicamente durante a pandemia, unha porcentaxe 4,5 puntos inferior á media europea e 5,9 menor á taxa global. De feito, a percepción que temos cara ás nosas empresas é peor que a de todos os países da nosa contorna, como Francia (81,4%), Reino Unido (72,4%), Alemaña (67,3%), Italia (66,3%) e Portugal (65,6%).

En canto a sectores, os traballadores españoles dos sectores químicos (85,7%), automóbil (85,7%), industria alimentaria (82,4%), servizos financeiros (75,75) e tecnoloxía (73,5%) son os que máis se sentiron arroupados polas súas empresas. Noutro extremo, as peores valoracións lévanas o sector enerxético (33,3%), a educación (53,8%) e a hostalería (54%).

Nesta mala percepción das empresas por parte dos traballadores españoles, quizáis teña que ver a dotación de medios tecnolóxicos e equipamento, xa que o 76% dos profesionais do noso país considera que dispón de todo o necesario para teletraballar, unha taxa que é 1,5 puntos porcentuais menor a media europea e 2,9 puntos inferior á porcentaxe global. Na nosa contorna, só os franceses (72,2%) considéranse menos dotados tecnolóxicamente que os españois para levar a cabo o seu labor de maneira remota, xa que Reino Unido (81,6%), Italia (78,6%), Portugal (76,8%) e Alemaña (76,5%) teñen maiores porcentaxes neste sentido.

Por outra banda, os españois tamén son pesimistas en canto ao denominado déficit de talento. O 52,5% dos traballadores do noso país considera que unha vez superada a pandemia, ás empresas lles custará atopar o talento adecuado, unha percepción superior ao conxunto de Europa (47,3%) e a media global (51,4%). Só os portugueses son máis pesimistas que nós (53,5%), xa que a porcentaxe é inferior en Alemaña (48,6%), Italia (50,5%), Reino Unido (50,9%) e Francia (52,3%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)