Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 80% dos pacientes que reciben seguimento tras a covid recupéranse totalmente



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE XANEIRO DE 2021 · (0)



Son datos dun estudo preliminar do Servizo de Medicina Interna de HM Hospitales con máis de 800 pacientes que pasaron polo Servizo de Consulta Post COVID-19, 50 deles en Galicia. 


O grupo hospitalario habilitou servizos da Consulta Post COVID-19 nos seus centros de Madrid, Barcelona e Galicia, cun protocolo específico que garante un seguimento exhaustivo da evolución do paciente e as posibles complicacións médicas derivadas da enfermidade. O estudo preliminar nace da análise dos 553 pacientes atendidos en Madrid, 291 en Barcelona e 50 en Galicia.

Outro dos parámetros que se observaron na análise dos datos que lanzan as distintas consultas Post COVID-19, levadas a cabo polos internistas, indican que o 70% dos pacientes que necesitaron este servizo utilizaron, ao menos, tres consultas para abordar os seus problemas de saúde derivados da infección.

O Dr. José  Barberán, xefe do Servizo de Medicina Interna de HM Hospitales, explica que na consulta "valórase o paciente e os resultados das probas solicitadas. En función deses resultados procédese ao envío a outras especialidades máis concretas. De feito, Pneumoloxía, Cardioloxía, Neuroloxía, Psiquiatría e Rehabilitación son as principais áreas terapéuticas ás que son derivados os pacientes con máis asiduidade para unha valoración específica”.

Protocolo específico

Conscientes da incerteza que provoca a COVID-19 e as posibles implicacións de saúde que trae aparelladas, o grupo estableceu un protocolo específico englobado dentro do Servizo de Medicina Interna dos seus diferentes hospitais e que desembocan na Consulta Post COVID-19. Este protocolo consiste nun seguimento activo aos pacientes que foron hospitalizados por esta causa nalgún dos seus centros.

O servizo tamén está dispoñible para aqueles pacientes que superaran a infección en calquera centro privado ou público e queren ter un seguimento. "Desde o Servizo de Medicina Interna de cada centro hospitalario concértasea unha cita persoal no hospital ou mediante videoconsulta co paciente para coñecer o seu estado de saúde entre a terceira e cuarta semana despois do alta hospitalaria. O seguimento está avalado por un proceso asistencial estandarizado. O profesional valora o estado xeral do paciente e as posibles patoloxías secundarias á COVID-19. Tras esa valoración, e no caso de que sexa necesario, cada paciente é derivado á especialidade encargada de atender a patoloxía detectada”, sinala o Dr. Barberán.

Os pacientes tratados no grupo reciben xa o día do alta hospitalaria a cita para a consulta de Medicina interna e análises clínicas (para a realización dun hemograma, coagulación e bioquímica), en Radiodiagnóstico para radiografía de tórax, TC de tórax de baixa dose, e en Cardioloxía para someterse a unha ecocardiografía.

Para os pacientes detectados nas Urxencias pero que non precisaron hospitalización realízaselles un seguimento telefónico diario co control de síntomas e ofréceselle a posibilidade de consulta presencial tras a resolución dos síntomas.

Máis aló do lóxico labor asistencial da Consulta Post-COVID-19, estes datos están a ser recompilados polo Dr. Barberán e o seu equipo para a elaboración dunha investigación máis específica sobre a evolución dos pacientes con COVID-19.   



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)