Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A demanda de patinetes eléctricos medra un 142% no último ano



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE XANEIRO DE 2021 · (0)



Comeza o novo ano e con el as novas normativas de tráfico. Así, o sábado BOE publicou o Real Decreto que regula o uso destes vehículos, que outorga un marco legal claro para a súa condución na vía pública. Debido ao seu aumento, a Dirección Xeral de Tráfico considera necesario regular o seu uso nunha nova lei normativa.


Proba da súa gran popularidade é o espectacular aumento da demanda destes patinetes no último año que, segundo os datos que analizou o comparador de prezos idealo.es, tivo o seu punto álxido en agosto. Isto débese a que moitos dos seus seguidores establecen esta vía como unha prioridade fronte ao transporte público para así evitar as súas clásicas aglomeracións. A moda dos patinetes eléctricos tamén se viu reflictida no seu prezo, xa que ha subiu un 9,43% e o seu pico máximo acadou os 383 euros en outubro.

Os patinetes eléctricos pasaron de ser un xoguete para moitos a unha das alternativas de transporte máis buscadas, xa que cada vez son máis os cidadáns que deciden moverse pola cidade con el para evitar atascos e diminuír así a contaminación. Non obstante, o seu uso tamén veu marcado por situacións de alegalidade que eran necesario regular.

O sábado ha entrou en vigor a nova normativa sobre o uso do patinete eléctrico. A partir de agora, os usuarios que desexen utilizar esta alternativa de transporte deberán solicitar á Dirección Xeral de Tráfico un certificado de circulación para acreditar que cumpren cos requisitos técnicos. Ademais, a velocidade queda limitada a 25 km/h; a súa circulación deberá realizarse exclusivamente pola estrada, polo que teñen prohibido circular e estacionar nas beirarrúas, e tampouco poderán circular polo carril bici ou vías interurbanas, travesías, autoestradas, autovías e túneles urbanos. Desta forma, Tráfico implementará o seu uso en estrada como un vehículo máis e, por tanto, terá que someterse ás mesmas leis de tráfico que calquera outro condutor.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)