Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O ingreso medio dos fogares galegos aumentou en 2019 un 4,3%



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE XANEIRO DE 2021 · (0)



Quedou nos 2.290€ mensuais, o que supón o sétimo ano consecutivo no que medra este indicador económico. Ademais, é a cifra de ingresos máis alta de toda a serie histórica que se iniciou en 2007.


En 2019, a tipoloxía máis habitual foi a dunha parella con fillos (30,8%), seguida da parella sen fillos (23,1%) e os fogares unipersoais, que supoñen o 22,3% do total. Ademais, o 22,5% dos fogares de Galicia están compostos por persoas de 65 ou máis anos, mentres que no 21,8% viven unha ou varias persoas menores de 16 anos.

Ademais o número de fogares que chegan con algunha dificultade a final de mes baixou ao 40,71%, a cifra máis baixa de toda a serie histórica de 2007, cando o número destes fogares era 26 puntos maior (66,01%). Así o recolle a última Enquisa Estrutural a Fogares, publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE), que analiza a composición, a situación económica e o gasto que realizan os galegos.

Esta mellora da situación económica é consecuencia da baixada tanto do número de fogares con dificultade que baixa ata o 33,92%, como do descenso de fogares con moita dificultade, que descenden ata o 6,79%.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)