Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O impacto laboral dunha suba do SMI



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE XANEIRO DE 2021 · (0)



Aumentar o 5,3% o salario mínimo interprofesional tería un impacto negativo sobre o emprego de entre 85.000 e 135.000 postos de traballo en 2021 e 2022. Así o advirte un estudo de Randstad Research en colaboración con Cepyme, que destaca que o maior impacto, ata el 52% da perda de emprego, recaería na hostalería e o comercio.


E é que este aumento, que situaría o SMI nos 1.000 euros (en 14 pagas) en 2021, suporía un incremento acumulado de máis do 52,6% en cinco anos, tendo en conta ademais que España é o terceiro país de Europa con maior incremento do SMI acumulado –axustado por paridade de poder adquisitivo– entre 2016 e 2020 (43,1%), tras Romania e Lituania.

Un incremento de esta contía incidiría de maneira moi lesiva en sectores especialmente prexudicados pola actual crise, como a hostalería e o comercio, que destruíron varios centos de miles de empregos e teñen en risco decenas de miles adicionais (tanto por ERTE aínda en vigor como fóra deles), con especial incidencia nas pemes. Ademais, as consecuencias deste incremento incidirán especialmente nos mozos e nos traballadores con menor cualificación, para os que será máis difícil atopar emprego ou conservar o que teñen.

Cómpre lembrar que esta suba do SMI se presenta nun momento moi complicado para a economía española e nunha situación extremadamente crítica para moitas empresas, especialmente pemes, e que o ano 2020 pode pechar cunha perda de máis dun millón de empregos, entre a caída da afiliación e os empregos que aínda están en ERTE.

En concreto, no último ano as afiliacións descenderon en 355.000, o 1,83% do emprego total, pasando dos 19.376.878 afiliados a 30 de novembro de 2019 aos 19.022.002 na mesma data de 2020, mentres que 747.000 persoas seguían afectadas por ERTE, 148.000 máis respecto ao mes anterior. Igualmente, novembro rexistrou un total de 7,36 millóns de demandantes de emprego, dos que 3,85 millóns eran persoas en paro.

Neste sentido, Cepyme sinala que o incremento do salario mínimo interprofesional é competencia exclusivamente do Goberno, previa consulta cos axentes sociais, e que, como se recolle no artigo 27 do Estatuto dos Traballadores, deberán terse en conta factores como a evolución do IPC –que este ano é negativa–, a produtividade media nacional e a situación económica e do emprego.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)