Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Case 8.000 menores con discapacidade de Galicia quedan exentos do copago farmacéutico



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE XANEIRO DE 2021 · (0)



Son en total de 7.816, que teñen recoñecido un grao igual ou superior ao 33%, segundo os últimos datos doImserso, e quedan exentas de realizar estas achegas económicas dende o pasado 1 de xaneiro, tal e como dispón a Lei de Presupostos Xerais do Estado para este exercicio.


Do total de persoas beneficiarias nesta comunidade autónoma, 2.810 corresponden á Coruña, 595 á provincia de Lugo, 766 a Ourense e 3.645 a Pontevedra. Esta medida do Goberno responde a unha antiga reivindicación tanto do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi) como do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (Cermi Galicia) para todas as persoas con discapacidade, e que agora se circunscribe aos menores de 18 anos.

Para o movemento social da discapacidade, esta exención de copago suporá “un alivio económico para miles de familias que teñen no seu seo a un menor de 18 años con discapacidade e que se enfrontan a un sobrecusto que pode chegar ao 40% respecto das familias nas que non hai situacións de discapacidade”.

Segundo explica o Cermi Galicia, os menores con discapacidade, “precisamente pola súa circunstancia, poden ser consumidores máis intensos de medicamentos, o que supón máis gasto nesta prestación, polo que exoneralos de copago alixeirará o esforzo familiar, mellorando o acceso a produtos esenciais para o tratamento e curación de enfermidades e patoloxías relacionadas ou non coa súa discapacidade”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)