Será máis difÃcil financiar a compra dunha vivenda este ano? SÃ
Pola incerteza os bancos estableceron requisitos máis estritos para acceder aos préstamos polo que os clientes cun perfil máis delicado, poucos aforros, débedas ou inestabilidade laboral, non poderán acceder. E custará obter financiamento de máis do 80% da compra.
“Malia que se establezan condicións máis estritas as previsións presentan un aumento na demanda de préstamos hipotecarios. O prezo das vivendas manterá unha tendencia en baixa durante este ano, o que presenta máis oportunidades de compra para moitos cidadáns e, por tanto, máis solicitudes de financiamento”, explica Anna Puigdevall, tesoureira de FIABCI España e directora xeral da Asociación de Axentes Inmobiliarios de Catalunya (AIC).

A situación financeira de moitos fogares empeorou tras a crise económica pola xestión da pandemia, pola inestabilidade causada polos ERTEs, o peche dalgunhas empresas e a imposibilidade de moitos autónomos de poder abrir. Fronte a este contexto os bancos impoñerán requisitos especiais ao analizar e aprobar os requisitos de financiamento para evitar falta de pagamentos.
Xeralmente, nos primeiros meses do ano,os bancos teñen a subir os prezos das hipotecas, polo que é probable que se incrementen as taxas de interese. Unha vez finalizado este período, é posible que as entidades financeiras non rebaixen os diferenciais das hipotecas variables para manter a rendibilidade dos produtos, xa que se espera que o euribor cotice en valores negativos ao longo do ano. De feito, o euribor terminou o 2020 con mínimos históricos, chegando ao seu nivel máis baixo cun -0,496%. Prevese que o índice se manteña estable ao longo de 2021, pero aínda en valores negativos. “Se o euribor mantense en valores negativos, aqueles hipotecados con intereses a tipo variable poderán aforrar entre 250 e 350 euros ao ano aproximadamente”, destaca Puigdevall.
As hipotecas a tipo fixo consolídanse
Cada vez máis clientes elixen hipotecas fixas, aínda que isto signifique maiores custos a curto prazo. Ademais, estas presentan garantía e seguridade para os bancos, xa que supoñen maiores ingresos que as de tipo variable. Con todo, as entidades financeiras quererán compensar con outros gastos para facelas máis rendibles: “É probable que os bancos esixan a contratación de máis produtos, como seguros de vida e fogar ou plans de pensións, para obter hipotecas; así como tamén incluír máis comisións por novación, subrogación ou amortización anticipada”.
Comentarios (0)