Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Círculo de Empresarios de Galicia, preocupado polas novas suspensións de voos en Peinador



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE XANEIRO DE 2021 · (0)



Afirman que “comprendendo que, en principio, é unha medida conxuntural derivada da crise sanitaria, a noticia non pode senón ser cualificada como moi negativa por canto vén sumarse a outras anulacións que dificultan a mobilidade dos empresarios da área metropolitana”


Cabe lembrar o sucedido co voo de París, cuxo aeroporto funcionaba como un auténtico Hub para a área. Pero dende hoxe non se pode viaxar desde entre Vigo e Barcelona porque Vueling acaba de dicir adeus ao aeroporto vigués ata polo menos ata o 1 de marzo.

“Esta decisión non é senón consecuencia da situación sen precedentes que estamos a vivir debido ao Covid-19 e ao consecuente efecto que este está a ter sobre o turismo e as viaxes en avión”, xustificaron desde Vueling, pero en Santiago, A Coruña e O Porto non tomou a mesma decisión.

Vigo perde novamente posicións na clasificación aeroportuaria españolS, coas consecuencias que isto pode supoñer á hora de tentar atraer investimentos empresariais do exterior. Peinador foi o ano pasado o aeroporto galego que perdeu máis pasaxeiros e onde máis se reduciu o número de operacións. Moi lonxe xa das cifras da primeira década deste século cando superaba o millón de pasaxeiros, a caída do ano pasado cifrouse nun máis dun 70 %, contabilizándose 282.264 viaxeiros (entre xaneiro e novembro, segundo datos de AENA). Unha caída que se engade á rexistrada en 2019 (un 10 %).

"No ámbito empresarial inquieta esa posible tendencia á baixa, aínda comprendendo que o movemento de 2020 e previsiblemente de 2021 estarán condicionados pola pandemia", conclúe o comunicado de Círculo.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)