Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Juan Vieites candidato á Presidencia da CEG



PUBLICADO O 12 DE XANEIRO DE 2021 · (0)



A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) recibiu xa a presentación da candidatura oficial de Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa a ostentar a súa Presidencia para a próxima Asemblea Xeral Electoral, que será o próximo 21 de xaneiro.


Nun comunicado a Confederación de Empresarios de Galicia anunciou a "oficialización" da candidatura de Juan Vieites Baptista de Sousa para presidir a entidade que leva dando tombos desde hai anos. O acordo adoptouse por unanimidade na mañá de onte, luns, polo Consello de Administración da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).

Vieites Baptista de Sousa é secretario xeral da patronal nacional da conserva Anfaco- Cecopesca e vicepresidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP). Doutor en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, o candidato acumula unha dilatada traxectoria profesional no sector da conservación de produtos da pesca, a acuicultura e a conserva, así como nas negociacións no ámbito da Unión Europea.

O vindeiro xoves, día 14 de xaneiro, finaliza o prazo para presentar as candidaturas; e ao día seguinte celebrarase unha xunta directiva para proclamar as propostas que se presentaron



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)