Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Fegape avanzou na proposta de lei de xestión dos parques empresariais galegos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 28 DE XANEIRO DE 2021 · (0)



A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) acolleu no seu centro empresarial un encontro de traballo da Federación Gallega de Parques Empresariales centrada na necesidade de que en Galicia se aprobe unha normativa autonómica específica que regule o funcionamento e a dinamización das áreas industriais.


A Fegape está rematando de elaborar unha proposta que fará chegar, en breve, á Consellería de Economía para que a estude e proceda a tramitar unha lei que é “fundamental para os usuarios dos polígonos industriais de Galicia”. A proposta de texto aborda o financiamento da xestión dos parques empresariais e a obrigatoriedade de pertenza á entidade do polígono.

Durante a xuntanza desta mañá, revisáronse os artigos da proposta lexislativa que se vai trasladar á Xunta. En breve, para expoñer a iniciativa, responsables da Federación manterán unha reunión co director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo que se sumará ás xa celebradas con Xestur e Suelo Empresarial del Atlántico.

O presidente da Federación, Santiago Gómara, sinalou que “el cuidado trabajo que estamos desarrollando desde Fegape para impulsar una ley autonómica de modernización de parques empresariales, nos va a permitir contar con una propuesta de texto legislativo valiosa que, como iniciativa, haremos llegar a la Xunta en breve”.

Asistiron á reunión moitos representantes de parques empresariais de Galicia, entre eles José Manuel Beceiro, xerente da Asociación del Área Empresarial del Tambre de Santiago de Compostela, Yolanda López, xerente da Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao, Alfredo Candales, xerente de Pocomaco (A Coruña), Francisco Domínguez, xerente da Asociación de Empresarios de Mos e Antonio Armesto, xerente da Asociación de Empresarios de O Ceao (Lugo). Abordáronse modelos acertados de colaboración que existen en diferentes comunidades e que supoñen unha mellora no mantemento e conservación dos parques empresariais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)