Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Clusaga recibe o premio Proxectos Agrupados Industria 4.0



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE FEBREIRO DE 2021 · (0)



Outorgado pola Xunta a través do Igape mobilizará máis de 630.000€ e coordinará sete proxectos nos que participan as empresas: Cofrico, Ecoplas Barbanza, Galega de Correctores Naya (SOGACO), Lugar Daveiga, Pazo de Valdomiño, Kiwi Atlántico e Viña  Costeira.


Estes proxectos avanzan cara á fábrica intelixente e conectada. Entre os que se desenvolverán: optimización do proceso de maduración mediante control  RFID, o uso de tecnoloxías 4.0 para a predición e monitoraxe de instalacións de frío e a vixiancia intelixente nunha planta de produción, obradoiros intelixentes e a posta en marcha dunha illa robotizada de paletizado. Clusaga forma parte tamén da rede europea Smart Sensors 4  Agri-food, industria 4.0.

En total, Clusaga promoveu ao longo das catro edicións dos premios Proxectos Agrupados Industria 4.0, a transformación dixital en 15 pemes do sector con máis de 2 millóns de euros. O que supuxo mellora da produtividade, optimización de procesos e avance cara á fábrica do futuro na industria alimentaria.

A rede europea de transformación dixital Smart  Sensors 4  Agri-food

A Agrupación industrial Alimentaria de Galicia sumouse a ela o pasado ano, integrada por 17 membros titulares e 21 organizacións procedentes de 12 rexións de Europa. Entre as accións destaca a posta en marcha de 23 living labs que facilitan a innovación colaborativa para desenvolver e validar solucións dixitais para a industria agroalimentaria. Entre os actores que participaron atópanse catro socios de Clusaga: ANFACO  CECOPESCA, Centro  Tecnolóxico da Carne (Ceteca), Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias ( APLTA) e Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG).

E no marco de SS4 AF desenvolvéronse dous proxectos europeos nos que Clusaga tamén participou: Connecting  smart sensor  systems  for  the  food  industry ( Connsenys) e Smart sensor  systems  for  food  safety,  quality control  and  resource  efficiency  in  the  food  processing  industry ( S3 FOOD). Este último ten aberto o período de inscrición á súa segunda convocatoria de axudas  para proxectos de dixitalización ata o 10 de marzo, a través da web s3 food.eu. Son tres tipos de cheques que poden ir dos 15.000€ aos 60.000€ por peme.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)