Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As empresas de Lugo reforzan a súa presencia na CEG



REDACCIÓN · PUBLICADO O 22 DE FEBREIRO DE 2021 · (0)



Carmen Lence (Leite Río) e Ramón Alonso (Cafés Candelas) súmanse ao Comité Executivo da patronal galega a proposta da CEL, á vez que varios empresarios da provincia se incorporan ás comisións de traballo de carácter interno da entidade.


As empresas de Lugo reforzan desta forma a súa presenza na Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), na nova etapa con Juan Vieites na súa presidencia. Á recente entrada de Carmen Lence (conselleira delegada de Grupo Leite Río) no Comité Executivo da organización, súmase Ramón Alonso, da empresa Cafés Candelas, entrando no órgano xestor da entidade, no que xa figuraban Eduardo Valín (de Embutidos Montepicato e Transportes Valín) e Jaime López como membro nato, dada a súa condición de secretario xeral dunha confederación provincial e vicepresidente da CEG, ambos estes dous últimos ao fronte da CEL durante os últimos anos e tamén os dous impulsores da candidatura de Juan Vieites á presidencia da CEG.

A CEL manifesta a súa satisfacción por este paso cara adiante de empresas á vangarda na provincia, que xa viñan apoiando á organización lucense a través do seu Consello Asesor e órganos de goberno, e cuxa presenza era necesario ampliar na CEG, tal e como se marcou como obxectivo desexable desde a Confederación de Empresarios de Lugo. Ao mesmo tempo, mantense a representación de pequenas empresas e micropemes, que constitúen a maioría do tecido empresarial galego e son a base da riqueza xerada nesta comunidade autónoma.

Por outra banda, varios empresarios de Lugo incorpóranse, a proposta da CEL, ás comisións de traballo internas da CEG. Concretamente, súmanse á de Relacións Laborais, Formación e Emprego, Ramon Martínez (CEO de Estudos Rafer e Proyestegal) e Lourdes Pardo (responsable dos servizos xurídicos da CEL); á de Infraestruturas, Luis García Santalla (presidente da Fundación CEL e director xerente de Begasa); á de Competitividade da Empresa Galega e Fondos da UE, Jaime López (secretario da CEL); á de Emprendemento, Rodolfo Ojea (director xerente da Fundación CEL); á de Dixitalización, Innovación e Economía Verde, Jorge Rois (CEO de Sistemas Macrocopia), e á de Relacións Internacionais, Carlos Cebrián, de Suministros Megaro Foods e presidente da Fundación Agroalimentaria Galega, e Pablo Valín, de Transportes Valín.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)