Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A rendibilidade dos garaxes en Galicia sitúase no 6,9% en 2020



REDACCIÓN · PUBLICADO O 22 DE FEBREIRO DE 2021 · (0)



Acada 1,2 puntos porcentuais máis que hai cinco anos, pero está 4,2 puntos por debaixo da media nacional e é a quinta comnidade autónoma con menor rendibilidade. No último ano só subiu medio punto, segundo o estudio “A rendibilidade dos garaxes en España en 2020”, baseado en datos do portal inmobiliario Fotocasa.


“A rendibilidade das prazas de garaxes non deixou de medrar nos últimos anos debido a que o prezo de compra non está crecendo ao mesmo ritmo que os alugueres. De feito, investir nunha praza de garaxe para poñela en aluguer é unha boa solución para o pequeno aforrador pola alta rendibilidade que dá nestes momentos”, explica Anaïs López, directora de Comunicación de Fotocasa.

Catro das comunidades autónomas teñen unha rendibilidade igual ou por riba a media española (9,3%). Trátase de Murcia (10,2%), Cataluña (10,1%), Comunidade Valenciana (9,5%) e Andalucía (9,4%). Por debaixo da rendibilidade media atópanse Canarias (9,1%), Baleares (8,9%), A Rioxa (8,5%), Navarra (8,4%), Madrid (7,5%), Cantabria (7,2%), Aragón (7,1%), Castela e León (7,1%), Galicia (6,9%), Asturias (6,4%), Estremadura (6,2%), País Vasco (5,9%) e Castela-A Mancha (5,9%).

En tres provincias galegas analizadas por Fotocasa incrementouse a rendibilidade dos garaxes en 2020 respecto ao ano anterior. As provincias máis rendibles en 2020 son A Coruña co 8%, Pontevedra co 6,5% e Ourense con 3,6%. Só a primeira delas incrementou a rendibilidade dos seus garaxes no último ano e o fixo nun punto porcentual, mentres que nas outras dúas diminuiu unha décima no caso de Pontevedra e dúas no de Ourense. En canto á suba respecto a hai cinco anos, as dúas analizadas incrementaron a rendibilidade: 2,4 puntos porcentuais no caso de Pontevedra e un no da Coruña.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)