A galega Essence Food preséntase na feira GulFood Dubái 2021
Unha das maiores feiras alimentarias do mundo, é o escenario elixido para a esta nova empresa que traballa na súa primeira fábrica. Aplica tecnoloxías para aproveitar os excedentes de produción e elaborar alimentos liofilizados e con formatos de longa caducidade. Tamén presentará Moodbytes, empresa participada por eles e especializada na impresión 3D de alimentos.
Esta semana, entre os días 21 e o 25 de febreiro, Marcio Barradas, CEO e fundador de Essence Food, está en Emiratos Árabes xunto a parte do seu equipo para presentar a empresa e participar no relatorio “ Food Waste – From trash to cash”, mañá martes 23. O acompañan Rafael Simón, co-CEO de Essence Food, e o chef catalám Mateu Blanch, pioneiro na impresión culinaria en 3D e posuidor dunha Estrela Michelín. Blanch será o encargado de dirixir os showcookings sobre a versatilidade de Moodbytes.

Mediante unha técnica de deshidratación testeada entre consumidores, os novos produtos desenvolvidos conservan todas as calidades organolépticas mesmo en condicións climáticas adversas (calor, fríou ou humidade) durante un período de tempo superior a 5 anos. Dende a empresa afirman que poden poñer en valor miles de toneladas de desperdicio alimentario: excedentes, froitas e verduras cortadas ou “feas”, e restos de producción con todas as garantías,
Essence Food xa recibiu o respaldo da aceleradora Bussiness Factory Food (BFF) impulsada pola Xunta, e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia e empresas de referencia na industria. Foi de feito galardoada co primeiro premio Food Tech Solutions en GulFood 2020, o Best Maker en GulFood 2019 e o Premio á innovación no sector da alimentación 3D en Alimentaria Barcelona 2018.
Primeira planta industrial en Galicia
Ademáis de camiñar cara ao residuo cero, desenvolve técnicas para poñer en valor toda a cadea de subministración e garantir o dereito do consumidor para saber qué está comendo, cómo foi elaborado, quen cultivouno ou fabricou, e onde produciuse grazas á custodia de información blockchain.
A pesar da alta compoñente tecnolóxica, os produtos aseguran que “son 100% naturais” e facilitan a achega nutricional necesaria. “Non se trata só da trazabilidade dos alimentos, a nosa solución achega moita máis información de utilidade para o consumidor que lle devolve un dereito que a industria tradicional arrbatáralle: saber qué come”, señala Marcio Barradas. “Somos unha compañía inmersa na economía circular e traballamos na innovación alimentaria e da saúde”.
Comentarios (0)