Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Nueva Pescanova desfaise de case toda a débeda herdada



REDACCIÓN · PUBLICADO O 23 DE FEBREIRO DE 2021 · (0)



Os socios aproban unha capitalización de débeda de máis de 542 M euros. Abanca capitaliza a totalidade da concursal sendo ademais o ser o seu principal acredor. Ábrese o prazo dun mes para unha ampliación de capital de ata 50 M euros mediante achega dineraria para os socios que queiran manter porcentaxe.


O grupo aprobou esta mañá en Xunta Xeral Extraordinaria esta capitalización de débeda. Afirma nun comunicado que “a Xunta celebrada hoxe é o punto de partida para a superación da mala situación financeira que Nuevava Pescanova SL tivo desde a súa constitución en 2015, lastrada por unha débeda concursal herdada da antiga Pescanova que, a pesar de reducirse, aínda ascendía a máis de 600 millóns de euros”.

Ao ser o principal acredor que acudiu á capitalización voluntaria de débeda, Abanca fai posible a sustentabilidade da firma que emprega a máis de 10.000 persoas en 19 países a medio e longo prazo. A súa participación no Grupo supera o 97%. Tal e como afirma o seu presidente, José María Benavent, “hoxe renace o Grupo Nueva Pescanova. A compañía está saneada, cuns fondos propios robustos e coa capacidade de desenvolver o negocio sen lastre. Agora podemos xa enfocarnos na execución do Plan de Negocio ata 2024 para crear crecemento de forma sostible”.

Ampliación de capital dineraria

A partir de hoxe abrirase un prazo de 30 días para aqueles socios que queiran manter a súa porcentaxe no capital social, a través dunha ampliación de capital dineraria dun máximo de 50 millóns de euros. Este tramo dinerario quere vitar evitar a dilución dos socios que non acudisen á capitalización da débeda.

A compañía coida así deixar atrás unha difícil etapa de seis anos, desde que se  refundó en 2015, a partir de que Pescanova S.A (a antiga Pescanova) entrase nun concurso de acredores debido á xestión do seu anterior equipo directivo. Nueva Pescanova SL naceu con novos donos e novo equipo xestor e de dirección, que deseñou un plan estratéxico, cambiou gobernanza, aprobou un Código Ético e realizou transformacións co foco posto no consumidor e o seu valor diferencial: a integración das distintas fases da cadea de valor.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)