Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A galega Yakart Autocaravanas comeza o seu plan de expansión en franquía



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE MARZO DE 2021 · (0)



Conta con 9 centros entre propios, franquiados e asociados: tres unidades propias na Coruña, -que é a central -, Lugo e Alacante, catro franquías en Castelló, Narón e Santiago na provincia da Coruña, e Vitoria, -Áraba-, e dous colaboradores en Asturias e Vigo. E prevé a apertura de cinco máis no primeiro semestre de 2021.


Especializada na venda e alugueiro de autocaravanas e tras case 15 anos de experiencia  recolle o éxito vivido polo caravaning en 2020. Diríxese a emprendedores que dispoñan dun local mínimo de aproximadamente 200 mts en propiedade ou alugueiro e interesados en montar un negocio de reducida investimento. E os que dispoñan de máis de 1.000  mt2 poden contar con aparcamento de autocaravanas.

Yakart Autocaravanas é xa a primeira cadea de franquías que opera no sector, un modelo de negocio sen competencia e cunha alta rendibilidade. Para este ano, o seu obxectivo é abrir cinco novos establecementos franquiados, con especial interese polas zonas de Madrid, Barcelona, Asturias, Málaga, Ourense, Sevilla, Vigo, Valencia e Bilbao. “O sector do  caravaning leva oito anos de crecemento continuado, pero a pandemia disparou o interese unha das opcións máis cómodas para quen quere viaxar tranquilo. E está claro que esta situación atípica que vivimos deu a coñecel a un público moito máis amplo e variado, que vai desde mozas parellas, familias con nenos ou matrimonios adultos” explican desde a compañía.

Un modelo de negocio sen competencia

Ofrecen frota de autocaravanas e campers de todos os tipos e tamaños (de 3 a 7 prazas), totalmente equipados, con non máis de dous anos de us, e os elementos máis modernos en seguridade e control. Algunhas das marcas que comercializa son  Carthago,  Malibu,  Dethleffs,  Sunlight,  Road- Car,  Globecar,  Rapido,  Itineo,  Dreamer,  Westfalia, -en exclusiva para Galicia, Asturias e León-, Roller  Team para Alacante e a prestixiosa  Premium,  Concorde para España e Portugal. Ademais, ofrecen una liña adicional de ingresos: unha tenda onde se venden produtos do caravaning, accesorios e  consumibles e tamén poden  taller no que renovar, reparar e engadir os recambios ou accesorios que cómpran. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)