Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Axuda ao sector pesqueiro vigués para paliar o dano do Brexit



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE MARZO DE 2021 · (0)



A importancia da pesca no Porto de Vigo é indudable. Esta mañá a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o máximo responsable portuario, Jesús Vázquez Almuíña, puxeron sobre a mesa un paquete especifico para sector marítimo-pesqueiro que suma uns 30 millóns de euros a executar entre 2021-2027.


O Plan recolle 48 proxectos, pero esta mañá revisáronse os relacionados coa consellería que dirixe Rosa Quintana. Unha vintena de proxectos de biotecnoloxía e enerxía azul, pesca fresca e conxelada, construción naval, historia e formación que suman preto uns 30 millóns de euros. 

Destacan actuacións enfocadas ao sector da pesca, como é o caso da Lonxa 4.0 ou lonxa autosuficiente; Lonxa 4.0–TTQS (Transparencia,  Trazabilidad, Calidade e Sustentabilidade);  GreenNets (Minimización de descartes a bordo) e o deseño dunha barcaza multifuncional e a modernización do sector do marisqueo; a valorización de descartes en terra; e a sustentabilidade e humanización da frota pesqueira. Este último é de gran importancia, polo que pode supoñer tanto para o sector da pesca como para o da construción naval. Ademais na Rede De Portos Azuis Vigo situaríase como polo de excelencia internacional da pesca da man da FAO.

A Autoridade Portuaria de Vigo previu investir preto de 8 millóns de euros en diversos traballos de mellora e modernización do porto pesqueiro. Entre estas actuacións concluíron a instalación dunha marquesiña entre a Lonxa e o Mercado, así como a mellora da instalación de frío na Lonxa. Segue en execución a ampliación dos departamentos de usuarios na Lonxa; a mellora do peirao situado no Porto Pesqueiro; e a mellora da eficiencia enerxética no edificio da Lonxa, o que a convertería na primeira en funcionar con enerxías renovables. Tamén está a estudar a instalación de sistemas de xeotermia mariña na zona do Mercado.

Os efectos da pandemia e o Brexit

Vázquez Almuíña repasou xunto a Quintana as consecuencias da xestión da COVID-19, como o control de acceso de persoas e maquinaria ás instalacións de poxa e venda. No referente ao Brexit, o presidente portuario fixo fincapé nas consecuencias que supón tanto para a pesca fresca (Gran Sol), como para a pesca conxelada (Malvinas), onde faenan máis de medio centenar de buques (33 no caso do Gran Sol e 20 en  Malvinas).

O tráfico total do Porto de Vigo con Reino Unido en 2020 creceu un +2,37% con respecto ao exercicio anterio. Nestes intercambios comerciais destacan, sobre todo, o tráfico de automóbiles, de produtos químicos e metais e as súas manufacturas, grazas aos seis servizos marítimos regulares que existen entre Vigo e o reino británico.-



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)