Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Convocados os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2021



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE MARZO DE 2021 · (0)



Os galardóns, que convocan a Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación, recoñecen traballos de investigación aplicada, casos de éxito en transferencia de coñecemento e casos de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía. O prazo de presentación de candidaturas conclúe o 30 de abril.


Na súa sétima edición, os galardóns divídense en tres categorías. O premio “Francisco Guitián Ojea” distinguirá un traballo de investigación aplicada para recoñecer a creación, a cargo dun grupo de investigación, dunha tecnoloxía aínda non transferida e da que se deriven claras aplicacións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia. O premio “Fernando Calvet Prats” destacará un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía promovido por un grupo de investigación, froito da colaboración cunha empresa. Irá destinado ao grupo de investigación creador da tecnoloxía transferida. E por último, o premio “Ricardo Bescansa Martínez” galardoará un caso de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida, froito da colaboración cun grupo de investigación galego. Irá destinado á empresa que implantara con éxito a tecnoloxía transferida.

Aos dous primeiros premios poderá concorrer todo o persoal adscrito a centros de investigación emprazados en Galicia, incluíndo os centros tecnolóxicos. Ao terceiro, poderán optar empresas galegas ou que teñan un centro de traballo radicado na comunidade. En ningunha das tres modalidades poderán resultar galardoados grupos de investigación ou empresas que foran premiadas nalgunha das tres edicións anteriores do certame, así como tampouco as académicas e académicos da RAGC.

O prazo para a recepción de solicitudes abriuse onte e pecharase o vindeiro 30 de abril. A tramitación das candidaturas farase de xeito telemático, a través dun formulario específico para cada categoría dispoñible nas webs da RAGC (https://www.ragc.gal) e de Gain (http://gain.xunta.gal). Unha vez cumprimentado, o formulario será remitido ao enderezo electrónico ptt@ragc.gal.

Os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia recoñecen desde 2015 as mellores prácticas de transferencia de coñecemento procedentes de organismos de investigación ao tecido produtivo. Destacan proxectos centrados nos campos da biomedicina, farmacolóxica, tecnoloxías TIC ou traballos sostibles nos sectores agroforestal e agroindustrial, todos eles liderados por grupos de investigación de toda Galicia. En concreto, distinguíronse proxectos sobre o tratamento dos efectos secundarios da quimioterapia, tratamento para onicomicoses, tratamento para enfermidades orais bacterianas, tecnoloxías láser, 3D e de microcalorimetría.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)