Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Reabren dous pasos fronteirizos entre Galicia e Portugal



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE MARZO DE 2021 · (0)



Esta mañá restableceuse a circulación nos situados nos concellos ourensáns de Lobios (Madalena-Ponte da Barca) e A Mezquita (Manzalvos-Moimenta). En ambos os puntos a circulación estará permitida de luns a venres de 07:00 a 10:00 e de 18:00 a 21:00. Pero só se permitirá a entrada a territorio español aos traballadores transfronteirizos, sanitarios e do transporte.


España e Portugal acordaron de maneira coordinada prorrogar os controis restablecidos temporalmente na fronteira interior terrestre entre ambos os países a partir desta madrugada. A prórroga establécese nunha orde asinada polo Ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska, publicada o  venres, 26 de febreiro, no Boletín Oficial do Estado. A medida manterase ata as 01:00 horas do 16 de marzo.

Tamén  establécese que “as entradas e saídas do territorio  español só poderán realizarse polos pasos autorizados e durante os  horarios que se establezan”. Os pasos fronteirizos autorizados en Galicia, establecidos de común acordo coas autoridades  portuguesas, son os seguintes:

Pasos abertos as 24 horas do día, todos os días da semana

   *   Tui-Valença

   *   Verín-Vila Verde dá Raia

Pasos abertos de luns a venres de 07:00 a 10:00 e de 18:00 a 21:00 (hora española)

   *   Salvaterra do Miño- Monçao

   *   Arbo- Melgaço

   *   Baltar- Montealegre

   *   A  Madalena-Ponte da Barca

   *   Manzalvos-Moimenta



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)