Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Zona Franca está a piques de mercar as últimas parcelas para a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 26 DE MARZO DE 2021 · (0)



Son 297 para un espazo que terá en total 252.484 metros cadrados, dos que 44.784 serán zonas verdes e 54.875 viais, aparcamentos e senllas peonís e permitirá dispoñer de chan para novas actuacións na cidade. “O obxectivo é poder estar en obras en 2022”, dixo o delegado do Estado, David Regades.


Estas últimas parcelas se suman ás que xa son propiedade de Zona Franca, o que permitirá empezar as obras de urbanización.  “Neste 2021 están a darse os pasos para sacar a licitación a oferta pública para atopar un socio empresarial para o parque comercial e de lecer. Queremos atopar un gran operador europeo con experiencia nos parques comerciais que integren tamén grandes medianas e que poida consolidar a chegada desas grandes empresas a Vigo”.

Desde a ratificación en agosto do 2008, polo Consorcio e  Concello de Vigo, do Convenio Urbanístico de Plan para o desenvolvemento da ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, o Consorcio veu realizando as xestións administrativas e de carácter urbanístico que permitan a execución.

Hoxe tamén deuse luz verde á posta en funcionamento dunha nova edición da aceleradora para a internacionalización de empresas galegas Vía Exterior. Desde a primeira edición ata a terceira, finalizada en marzo de 2020, constatouse o interese e preocupación do tecido empresarial galego pola internacionalización das súas pemes, coa presentación de ata 143 candidaturas de empresas ao longo das tres edicións. De moi distintos sectores, tipoloxías e localizacións xeográficas e con necesidades moi variadas de internacionalización.

A nova edición terá unha duración de 7 meses e dará soporte a 20 empresas para que inicien ou potencien a súa presenza en novos mercados exteriores, proporcionándolles formación especializada e asesoramento a través de expertos en procesos de internacionalización de empresas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)