Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Sidras Maeloc pon en marcha na súa fábrica de Chantada unha instalación fotovoltaica de 900 paneis solares



REDACCIÓN · PUBLICADO O 26 DE MARZO DE 2021 · (0)



Customdrinks, a compañía da firma, instalounas para autoconsumo coa eléctrica Powen. Ademais da Sidraría Maeloc no complexo de Chantada está a destilería dos licores Hijos de Rivera, unha Planta Piloto de formulación de cervexas artesanais, ademais de elaborarse o Vermut Rivera.


En Customdrinks tamén se formulan e producen os “wine cocktails” da  Tita Rivera e desenvolven un servizo de produción “ Made to order”, un traxe a medida na formulación de bebidas e formatos.

Dende os os seus inicios como Sidraría Galega, foi adaptando o seu modelo produtivo para ser un centro de innovación de referencia. Como produtores de sidras, dinamizaron o cultivo de mazá autóctona e o peche do seu ciclo transformador en Galicia. As sidras Maeloc prodúcense 100% con mazás galegas de máis de 1.000 cultivadores autóctonos, contribuíndo á produción de mazá nas zonas rurais e dando soporte ao desenvolvemento do cultivo ecolóxico.

Ademais o 100% a pulpa da mazá emprégase para alimentación animal de ganderías da zona. Desde 2019 afrontan un cambio integral do packaging en todas as referencias para minimizar ao máximo o uso de plástico. Todo iso en conexión co proxecto Cultiva de Galicia, fundamentado no cultivo de proximidade.

Sobre Powen

É a eléctrica de quen xera a súa propia enerxía, sexan persoas ou empresas. Achega a enerxía solar en forma de instalacións fotovoltaicas de autoconsumo, puntos de carga eléctricos en fogares e empresas e instalacións aplicadas á rega solar para explotacións agrícolas.  Durante a vida útil desta instalación de Chantada  calcúlase que se reducirán en 3.000 toneladas as emisións de CO2, o que equivale ao tráfico de regular de 2.831 vehículos.         



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)