Santiago Lago ingresa na Real Academia das Ciencias Económicas e Financeiras
Será o membro máis novo con 49 anos. O catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo formalizou a entrada como membro numerario na RACEF nunha sesión dirixida polo presidente, Jaime Gil Alujo, onte 25 de marzo. Pero de forma telemática polas restricións de mobilidade, polo que a entrega da medalla queda adiada.
Falou no seu discurso dun dos retos para a economía española: a estabilidade fiscal. Como a situación caracterízase por máxima incerteza, mesmo no escenario máis optimista coida que o déficit español en 2021 quedará en niveis moi por encima do que marcan as regras da zona euro. Dixo que non cre no dogma do déficit cero e que existen áreas onde se debe incrementar o gasto publico, pero "ter o déficit controlado non é de esquerdas ou de dereitas. É de cidadáns, partidos e sociedades responsables”.

O economista galego forma así parte desta prestixiosa institución de 48 académicos de numero elixidos entre as persoas que destacan polo coñecementos nas ramas da corporacion. Ocupas a medalla número 30, en sustitución de Mariano Capella San Agustín
Recoñecido especialista en finanzas públicas, o novo Académico Electo dirixe o Grupo de Investigación XENE ( Governance and Economics research Network), é editor de revista Facenda Pública Española/ Review of Publics Economics”. Tamén dirixe o Foro Económico de Galicia e a Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo. Lago formou parte do comité de expertos para a reforma da financiación autonómica e, recentemente, asumiu a tarefa de coordinación do Comité de Expertos para a recuperación económica de Galicia que asesora ao Goberno galego.
Agradecido
No seu discurso lembrouse da súa familia que foi un “estimulo intelectual”, dos seus profesores do Colexio La Milagrosa, do Instituto Eduardo Pondal e dos da Universidade da súa cidade natal, Santiago de Compostela. De maneira especial deu as grazas ao seu padriño de cerimonia e tamén académico, o economista José Antonio Redondo, actual conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia.
Comentarios (0)