Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Nova etapa da Asociación Hostalaría Compostela



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE ABRIL DE 2021 · (0)



A Asemblea Xeral Extraordinaria desta organización, celebrada onte, acordou por unanimidade a destitución de todos os membros da súa Xunta Directiva e delegar provisionalmente as funcións fixadas nos estatutos da entidade ao seu xerente, Ramón García Seara –na imaxe–.


Segundo explica a Asociación Hostalaría Compostela nun comunicado enviado hoxe, esta decisión remóntase ao pasado mes de marzo, cando a Xunta Directiva convocou unhas eleccións que non se chegaron a celebrar por ausencia de candidaturas. Este feito, unido á difícil situación que atravesa o sector debido á pandemia da covid-19, motivou que a asemblea desta patronal santiaguesa considerase a delegación das funcións da directiva ao xerente como a mellor solución para salvagardar o futuro da organizción, buscando a posibilidade de convocar novos comicios proximamente.

Ramón García Seara, natural de Santiago de Compostela, é avogado de profesión. Comezou a traballar coa Asociación Hostalaría Compostela primeiro como avogado en xuño de 2015 e, dende mediados de 2016, exerce o cargo de xerente.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)