Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia é a segunda rexión onde máis caeu a contratación en hostalería dende xullo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE ABRIL DE 2021 · (0)



A baixada nesta comunidade autónoma acadou o -91,5%, unha porcentaxe que só supera Baleares cunha caída do -92,8%. Lugo (-92,7%) e Pontevedra (-92,2%) son as dúas provincias españolas que máis sufriron o descendo, e A Coruña (-90,6%), a cuarta.


A empresa de recursos humanos Randstad vén de realizar un informe sobre as previsións de recuperación que teñen os empresarios hostaleiros de España, que revela que preto do 63% deles non espera unha recuperación total ata o segundo trimestre de 2022, unha cifra moito máis pesimista que a do conxunto das empresas do país, das que o 81% espera xa ter acadado nesa data niveis previos á irrupción da crise.

Os empresarios do sector da hostalería son bastante máis pesimistas que a media de sectores en canto a recuperar niveis previos á crise antes do próximo ano. Só entre o 13% e o 15% estiman recuperar os seus negocios antes do segundo semestre de 2021 (fronte ao 47% do conxunto de sectores), e entre o 41% e o 45% esperan facelo antes do próximo ano (sendo a media o 71%).

“O sector hostaleiro, un dos principais dinamizadores da economía do noso país, é tamén dos máis afectados nesta situación. A incerteza sobre o desenvolvemento da pandemia, as restricións e os peches perimetrais están provocando un escenario letal para un sector que non atopa alivio dende o breve respiro del verán”, asegura Valentín Bote, director de Randstad Research.

Aloxamento e restauración

Segundo o estudo, a situación é especialmente sangrante para as empresas adicadas aos servizos de aloxamento: o 92% asegura que tivo que paralizar ou reducir significativamente a súa actividade, fronte ao 30% do total das empresas. En concreto, o 48% delas atópase coa súa actividade reducida de maneira severa, mentres que o 44% directamente botou o peche de maneira temporal. Ademais, o 91% das compañías de aloxamento tivo que acudir ao ERTE, fronte ao 30% da media.

A situación non é moito mellor para as empresas de servizos de comidas e bebidas. O 79% destas compañías continúa coa súa actividade moi afectada ou detida, sendo o 47% as que viron menguar o seu negocio de maneira determinante, e o 31% paralizar a actividade aínda que temporalmente. En canto aos ERTE, o 71% destas compañías ten aínda traballadores afectados.

O estudo tamén tivo en conta as principais preocupacións e que medidas consideran os empresarios que poderían axudar ao sector da hostalería. A maioría deles (o 72% no caso dos servizos de aloxamento, o 61% en comidas e bebidas) confesa que a súa principal preocupación é a incerteza en canto ao futuro da hostalería. En canto ás medidas de apoio, as empresas do sector da hostalería decántanse maioritariamente polas axudas directas por parte do Estado, as exencións fiscais e unha prolongación maior dos ERTE.

Caída da contratación

O pesimismo dos hostaleiros é comprensible a tenor das cifras que achega o emprego do sector. Randstad destaca que dende xullo o número de contratos asinados en hostalería caeu un 75,4%. Así, dende este mes, teito da contratación no sector tras a irrupción da pandemia, deixáronse de asinar 176.182 contratos, pasando dos 233.752 aos 57.570 actuais.

Hai un ano, o volume de contratos en hostalería estaba en 290.908 sinaturas, pero a chegada da crise sanitaria provocou que descendese bruscamente, rexistrando apenas 13.854 contratos en abril. Nos seguientes meses, o indicador rebotou, upado polo veráno e a mellora das condicións sanitarias, rexistrando en xullo os mencionados 233.752, a cifra máis alta da pandemia. Pero o encadeamento das vagas pandémicas e a incerteza polas restricións provocaron que, con lixeiros altibaixos, o número de contratos en hostalería rexistre dende verán unha tendencia negativa, ata amosar o pasado febreiro o terceiro peor rexistro da era covid.

Galicia á cabeza da caída

O informe detecta grandes diferenzas a nivel autonómico. Con respecto a xullo, Baleares (-92,8%), Galicia (-91,5%) e Cantabria (-88,1%) rexistraron as maiores caídas na contratación en hostalería. Séguenas, con descensos tamén máis acusados que a media nacional (-75,4%), Asturias (-87%), Castela e León (-84,8%), A Rioxa (-83,5%), Murcia (-82,6%), a Comunidade Valenciana (-82,4%), Estremadura (-76,9%) e Cataluña (-76,6%). Ya con caídas menos acusadas que a media, se atopan Castiela-A Mancha (-73,9%), Andalucía (-72,2%), Aragón (-70,3%) e Navarra (-67,8%). Os descensos menos pronunciados en contratación no sector hostaleiro producíronse no País Vasco (-58,4%), Canarias (-45,9%) e a Comunidade de Madrid (-31,3%). En termos absolutos, Andalucía (con 16.132 contratos), a Comunidade de Madrid (8.928) e Cataluña (6.433) son actualmente as autonomías con maiores volumes de firmas no sector da hostalería, ata o punto de supoñer o 54,7%.

A nivel provincial, Lugo (-92,7%), Pontevedra (-92,2%), Segovia (-90,8%) e A Coruña (-90,6%) protagonizaron as maiores caídas da contratación en hostalería con respecto ao mes de xullo. Por outra banda, Tenerife (-32,7%), Biscaia (-43,2%), Zaragoza, Málaga (ambas con -45,2%) e As Palmas (-57,1%) rexistraron os descensos menos pronunciados de todo o país.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)