Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O investigador da UDC, Juan Romero, premiado a nivel europeo pola súa enorme achega á Intelixencia Artificial



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE ABRIL DE 2021 · (0)



O Profesor Titular da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da UDC e membro do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (Citic) tamén é socio-fundador e director de I+D da spin-off da Universidade da Coruña, PhotoIlike. 


O premio europeo “Award for Outstanding Contribution to Evolutionary Computation in Europe” outorgado pola sociedade científica Species outórgase ao investigador que máis contribuíu á investigación en técnica de Computación Evolutiva nos últimos anos. A computación evolutiva é unha rama da Intelixencia Artificial que propón o uso de mecanismos inspirados na xenética para a resolución de problemas. Permiten que, por exemplo, o computador poida crear un programa que resolva un problema, por se só, sen necesidade de que un humano constrúa o programa.

Juan Romero formou parte activa no crecemento da Intelixencia Artificial aplicada á tarefas creativas e estéticas como artes, música ou deseño, sendo o fundador e responsable do congreso “Artificial Intelligence applied to Music, Sound, Art and Design”, é o maior congreso internacional dedicado a Intelixencia Artificial aplicado a temas de creatividade e estética.

O xurado tivo en conta tamén as numerosas achegas científicas que o converteron en referencia mundial na estética computacional, como a edición de números especiais en revistas de referencia en Computación Evolutiva, en Intelixencia Artificial e en Deep Learning, a edición dos dous libros de referencia no seu campo de especialización: “The art of artificial evolution: A handbook on evolutionary art and music” e “Artificial Intelligence and the Arts: Computational Creativity, Artistic Behavior, and Tools for Creatives” da editorial Springer.

Tamén se valorou e a participación de Juan Romero como socio-fundador de PhotoIlike, que comercializa un produto capaz de predicir o impacto comercial de calquera imaxe inmobiliaria. Foi fundada en xaneiro deste ano está presente en máis de 4.000 axencias inmobiliarias en España. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)