Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha vocación celestial



REDACCIÓN · PUBLICADO O 21 DE ABRIL DE 2021 · (0)



Das TIC ao ceo” é o nome do programa co que o Centro de Investigación TIC (Citic) e o Consello Social da Universidade da Coruña queren impulsar vocacións tecnolóxicas entre os estudantes. A iniciativa componse dun ciclo de conferencias con profesionais de prestixio e inaugúrase mañá con motivo do Día Internacional das Nenas nas TIC.


Este ciclo de conferencias, impartidas por antigos alumnos da Universidade da Coruña, terá lugar de forma online durante os meses de abril e maio. A través de charlas en liña ofrecidas por profesionais de recoñecido prestixio dentro do sector, búscase promover no alumnado o interese de cara ás disciplinas Steam (ciencias, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas, polas súas siglas en inglés).

O ciclo é inaugurado pola investigadora, doutora en Informática e profesora na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, Ana Freire. É cofundadora do proxecto Wisibilízalas, premio Ada Byron Joven 2019 da Universidade de Deusto e foi seleccionada por Business Insider entre os 23 mozos españois de 35 anos ou menos chamados a liderar a revolución tecnolóxica.

A charla estará moderada polo subdirector do Citic, Javier Pereira, e dirixirase a 100 estudantes de 4ª da ESO e 1º de Bacharelato do Colexio Calasanz PP Escolapios da Coruña. Desta forma, coa iniciativa “Das TIC ao ceo”, o centro de investigación da UDC e o Consello Social suman forzas para contribuír ao fomento das vocacións tecnolóxicas, en liña cos seus obxectivos estratéxicos, incorporándose a outros proxectos postos en marcha na universidade coruñesa como a implicación nos programas STEMbach e Inspira Steam. Esta acción tamén pon en valor o talento coruñés para servir como referente á mocidade.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)