Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Universidade e empresa falarán da tecnoloxía matemática aplicada á industria



REDACCIÓN · PUBLICADO O 28 DE MAIO DE 2021 · (0)



O “XIV Foro de Interacción Matemática Industria” analizará solucións en sectores como banca, benestar animal, percepción sensorial de produtos de consumo, fabricación avanzada, e  intelixencia artificial aplicada á sanidade. Será o venres 4 de xuño no edificio do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC.


Organizado polo Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) consolida o traballo dos grupos de investigación en Matemática Industrial das áreas de Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa das tres universidades galegas. Celebrarase simultaneamente en modalidade presencial e virtual, e alí estarán máis de setenta persoas do ámbito académico e empresarial. As empresas exporán as necesidades tecnolóxicas que xorden no seu sector e ás que se pode dar resposta a través do modelado, a simulación e optimización de procesos e dispositivos, a estatística e o Big Data.

Maurizio Sanarico, Chief Data Scientist Global da consultora multinacional  SDG Group, falará sobre os avances que desde a súa organización desenvolveron por mor da c covid-19 nIntelixencia Artificial aplicada á sanidade, para facilitar o acceso á medicina preventiva e á telemedicina. A intervención de Guillermo Renancio, Director de Tecnoloxía do Grupo Nueva Pescanova, versará sobre modelos preditivos de benestar animal en contornas físicas naturais sen intervención humana. As novas solucións tecnolóxicas emerxentes no sector financeiro serán abordadas por Aitor Biain, Xerente da compañía  Almis, e por Adrián Pacheco, Xefe de Equipo en Álamo Consulting, mentres que Adriel Regueira, Head  of  IT & Cybersecurity de Tecdesoft, explicará a novo paradigma da fabricación avanzada con Intelixencia Artificial para tomar mellores decisións. E Maruxa Quiroga, CEO e cofundadora da empresa lucense Tastelab, explicará o uso da  sensometría para a análise estatística automatizada de datos en percepción sensorial para reforzar o éxito de produtos no mercado -alimentario e cosmético especialmente- a partir das respostas dos consumidores e de expertos.

As intervencións de expertos empresariais combinaranse coas de representantes do ITMATI, que presentarán o modelo na transferencia de tecnoloxía matemática e innovación industrial, e os máster que imparten as tres universidades galegas: o Máster de Matemática Industrial ( M2i) -con participación das universidades Carlos III e Politécnica de Madrid- e o Máster en Técnicas Estatísticas ( MTE).  Elena Vázquez, investigadora adscrita a  ITMATI, e decana da Facultade de Matemáticas da USC destaca o alto volume de empresas que colaboran con ambos os másteres, ao redor de 120. “Isto permítenos xerar unha potente rede de coñecemento, formar a mozos profesionais e facilitar a súa incorporación a empresas, escoitar aos sectores produtivos e favorecer a súa competitividade, á vez que resolvemos problemas”. Na mesma liña pronúnciase Silvia Lorenzo, investigadora do CITIC e de  ITMATI, e profesora titular da UDC. Subliña o alto atractivo destes perfís profesionais no mercado laboral: “detrás da rápida dixitalización da economía e de termos tan de moda como a Intelixencia Artificial, o Big Data ou o Internet das Cousas están as matemáticas e, en particular, a estatística, a optimización e a simulación numérica”.

Íñigo Arregui Álvarez, que coordina o Máster de Matemática Industrial na UDC pon como exemplo os beneficios que achegan métodos e simulación numérica nos procesos operativos de industrias tan presentes en Galicia como o naval, a automoción ou as finanzas. Ademais, sinala a alta cualificación dos estudantes do programa, de algo máis de ano e medio de duración, que inclúe prácticas en compañías dentro e fóra de España.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)