Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As administracións comprométense ao desenvolvemento do porto da Coruña



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE SETEMBRO DE 2021 · (0)



O presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, destacou o ambiente de traballo construtivo e os avances alcanzados na segunda reunión mantida por representantes das administracións implicadas na transformación da fachada marítima: Xunta de Galicia, Concello da Coruña, Portos do Estado e a propia Autoridade Portuaria


Á última xuntanza, celebrada na sede da Autoridade Portuaria, acudiron a conselleira de  Infraestruturas, Ethel Vázquez; o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada; a directora corporativa de Portos do Estado, Pilar Parra, e o propio presidente da Autoridade Portuaria.

Fernández Prado destacou que unha vez máis se demostrou o cumprimento dos obxectivos para os que foron convocadas estas reunións, que exceden o ámbito técnico e fixan o marco de relación entre as administracións que permita desenvolver os proxectos. Así, se no primeiro encontro acordáronse as porcentaxes de adquisición do chan no ámbito de Batería e Calvo Sotelo, co 75% por parte do Concello da Coruña, o 20% por parte da Xunta de Galicia e o 5% por parte da Autoridade Portuaria, neste segundo estableceuse a redacción dun convenio específico que se incorporará como anexo ao protocolo xeral de transformación da fachada marítima.
Será a Autoridade Portuaria a encargada da súa redacción, que se abordará canto antes, tal como avanzaba Fernández Prado. Explicou que ese convenio será subscrito polas catro administracións implicadas na transformación de Batería e Calvo Sotelo: Xunta de Galicia, Concello da Coruña e Autoridade Portuaria, ademais de Portos do Estado. 
Nese convenio concretarase o compromiso de compra dos chans por parte das administracións, así como as anualidades para abonar por cada unha delas, ata o ano 2035. Un punto fundamental, xa que facilitará que Portos do Estado refinancie a débeda do Porto suavizando as cotas ata 2035, quedando pendente de fixar cales serían as anualidades. No documento tamén figurarán outros aspectos destacados, como a creación dunha comisión porto-cidade, unha fórmula que xa utilizaron todos os portos de España en procesos similares. A comisión estaría formada tamén polas catro administracións e sería a encargada de ir desenvolvendo o plan de urbanización da zona 1, que comprende os citados peiraos de Batería e Calvo Sotelo. Ademais, incluirase a creación dunha oficina técnica específica para o proxecto, na que traballarán funcionarios de cada administración.

Urbanización

O presidente da Autoridade Portuaria engadiu que o convenio tamén incorporará dous parágrafos referidos á urbanización, que deberán acordarse antes da súa firma. Por unha banda, explicítanse os compromisos das administracións segundo establece a Lei do Solo de Galicia, conforme debe abordarse o custo de urbanización na mesma porcentaxe que o de adquisición dos terreos. Por outro, explicitarase a necesidade de buscar conxuntamente entre todas as administracións un financiamento alternativo aos seus orzamentos, fundamentalmente fondos europeos  Next  Generation e os Fondos  Feder correspondentes ao período 2021-2027.

Para iso, lembrou Fernández Prado que é fundamental dispoñer dun proxecto de urbanización canto antes. Neste sentido, mostrouse partidario de non postergar o plan para Batería e Calvo Sotelo e circunscribir exclusivamente á zona 2 (San Diego) o plan director que propón o Concello da Coruña. Na súa opinión, ambos os ámbitos non teñen nada que ver nin en extensión, nin en prazos, nin en propietarios do chan, que no caso de San Diego inclúe a  Adif cun 34%. Tamén indicou que a maduración e o tempo de reflexión que vai necesitar a zona de San Diego é moi superior ao que xa está practicamente consensuado para a zona 1 de Batería e Calvo Sotelo, que ademais ten unha maior urxencia na súa execución ante a petición de fondos europeos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)