Publicidade

Galicia calidade produto


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Arrinca en Vigo o foro de referencia do sector industrial do Polo Ibérico



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE SETEMBRO DE 2021 · (0)



Hoxe ás 12 as máximas autoridades institucionais de Galicia participaban na inauguración oficial da Metal Industry and Technologies  International Trade Fair (Mindtech), que comeza hoxe a segunda edición no Ifevi de Vigo. Reúne ata o xoves a máis de 160 expositores, máis de 50 relatores, centos de reunións B2B e miles de visitantes.


Entre as industrias: automoción, aeronáutica,  metalmecánica, estruturas metálicas, enerxías renovables, novas tecnoloxías, subministracións, enxeñería e moito máis. Conta coa presenza de empresas de Portugal, Colombia, México, Polonia, Grecia, Alemaña e Reino Unido. Despois das intervencións, houbo un percorrido pola feira visitando algunha caseta das máis de 160 empresas. A axenda continúa esta tarde con relatorios e workshops sobre automatización e robótica e oportunidades internacionais. E ás 20.30 horas no Hotel Pazo Os Escudos poñerase fin á primeira xornada cunha cea de gala na que daranse os premios SEUA- Mindtech Awards a sete empresas.

“Estamos aquí para continuar o que iniciamos hai dous anos coa primeira edición. Apostamos pola feira, porque o contexto económico necesitábao, as empresas e a xente necesitaba recuperar o contacto físico. Estamos convencidos de que será un evento fundamental para impulsar a recuperación a través do optimismo e a confianza. Adaptada aos retos que vivimos, con talleres específicos sobre mobilidade, automatización, encontros B2B, xornadas entre  startups e investidores, oportunidades de expansión internacional e conferencias internacionais da máxima calidade”, dixo Justo Sierra, Presidente de Mindtech. Lino Comesaña, Director de Negocio Galicia, Asturias e León de Abanca incidiu en que “é un exercicio de responsabilidade organizar esta feira, mentres que David Regades, Delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo lembrou que eles apoian proxectos como unha fábrica de baterías, outra de chip, e o val de hidróxeno.

“Temos a oportunidade inédita dos fondos europeos, que teñen que significar o futuro dunha nova etapa”, dixo Abel Caballero, Alcalde de Vigo, na súa quenda mentres que Núñez Feijóo clausurou a inauguración afirmando que “é o momento para reunirnos. A industria do metal e as súas tecnoloxías asociadas representa o 20% do PIB, 57.000 traballadores, 4.000 empresas, 9.000 millóns en exportacións, e unha facturación total de 12.000 millóns. Un sector crave”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)