Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A compañía chinesa Sinohydro adxudica a Sivsa o equipamento de catro novos hospitais no Perú



REDACCIÓN · PUBLICADO O 27 DE SETEMBRO DE 2021 · (0)



Esta é das principais empresas de enerxía e construción mundial pertencente ao grupo estatal Power China. O  acordo fíxose a través da división de negocio en Perú Sivsa MeQ.


Os contratos teñen un importe conxunto de ao redor de 10 millóns de euros e contemplan o equipamento integral dos hospitais públicos de Cangallo, Cora Cora, San Miguel e San Francisco,

Todos darán cobertura sanitaria a unha poboación de máis de 90.000 habitantes da provincia de  Cangallo e zonas veciñas, de máis de 86.000 da provincia de  Parinacochas, rexión de  Ayacucho, a 47 mil da provincia da Mar e zonas adxacentes e a máis de 9 mil habitantes da zona do Valle dos Ríos  Apurímac,  Ene e  Mantaro. Sivsa, con sede no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo conta con oficinas en Madrid, Oviedo, Marrocos, Perú e Brasil, ademais de presenza en Chile e Portugal

 

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)