Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 19% dos españois que ingresan un máximo de 1.500 euros mensuais afirma ter dificultades para chegar a fin de mes



REDACCIÓN · PUBLICADO O 27 DE SETEMBRO DE 2021 · (0)



A porcentaxe despréndese do Observatorio Cofidis da Economía Doméstica, que revela que os principais gastos nos fogares deste país son vivenda (444 euros), alimentación (374 euros), educación (150 euros), subministros do fogar (137 euros), o transporte (113 euros), e o ocio diurno (109 euros) e o nocturno (96 euros).


Tendo en conta este resultado, o estudo, que parte dunha enquisa realizada a 2.000 españois, detalla aqueles conceptos que protagonizan a listaxe de gastos mensuais dos fogares. Así, revela que o 48% do gasto se adica basicamente a dous aspectos: a vivienda e a alimentación, con un gasto medio de 374 €/mes.

Ademais dos xa mencionados, de edudación, subministros do fogar, transporte e ocio, outros gastos corresponden a telecomunicacións, presentes no 98% dos fogares, cunha media de 83 euros ao mes. En roupa e calzado, o gasto medio é de 77 euros ao mes e en compras ou gastos relacionados con aficións como libros, música ou deportes, destinan 59 euros de media ao mes. En coidados do fogar ou persoais o gasto é similar, con 67 euros ao mes.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)